Ola de novo!
O tema oito foi un dos meus favoritos, xa que aprendemos as principais
metodoloxías de ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras, vendo as vantaxes e
inconvenientes de cada una delas para aproveitalas para o noso futuro como
docentes.
Nesta entrada faremos un breve repaso por cada un destes métodos:
1. Gramática e Tradución (Método Prusiano): Naceu na
Alemaña do século XIX e estivo en Europa ata o ano 1940. O seu principio metodolóxico
é que a lingua escrita é mais ‘pura’ que a falada, polo que a oralidade non ten
cabida no método. Tamén é coñecido como ‘método tradicional’, xa que é o que se
usaba para a aprendizaxe de linguas clásicas coma o grego ou o latín. Nel
úsanse de igual maneira a lingua orixe coma a lingua meta, xa que se basea
principalmente en traducir e escribir textos en ambas linguas. A gramática
apréndese a base de memorización de regras gramaticais e o vocabulario mediante
listas bilingües.
2. Directo e natural (Método Gouin): Naceu en Boston
e supuxo unha revolución en comparación co método anterior. Este considera que
o ensino da lingua estranxeira sexa o máis parecido posible á adquisición da
lingua materna, polo que as clases se presentan nun contexto natural. O
profesor ten unha interacción continua cos alumnos e a oralidade está
enormemente presente apoiada pola mímica, debuxos e obxectos.
3. Oral e situacional: comezou no Reino Unido no ano
1920, grazas a H.Palmer e A.S. Hornby, e estivo vxente tres décadas. Poderíamos
decir que é unha continuación do método natural, xa que a aprendizaxe comeza ca
oralidade. Nas clases que seguen este método, créanse distintas situacións para
introducir vocabulario e construcións gramaticais novas dentro dun contexto e
só se pasa a parte escrita cando a oralidade está dominada.
4. Por tarefas: Método co que se pretende que o
alumnado faga unha serie de proxectos ou tarefas co fin de chegar a un
obxectivo final. O profesor é un guía que controla a clase para que o
desenvolvemento da mesma sexa o adecuado, pero os verdadeiros protagonistas son
os alumnos e alumnas. Deste xeito, a aprendizaxe e gradual e o alumno ten que
comunicarse na lingua meta.
5. Audiolingüe (Método Fries): Método que
aparece a raíz do interese pola ensinanza de linguas estranxeiras nos EEUU.
Establece as súas bases na experiencia dos programas do exercito para a
ensinanza de idiomas e no enfoque oral ou estrutural creado por Fries. Neste
método, as actividades que se realizan soen ser exercicios de memorización
baseados en drills. Ademais, o profesor preséntalle un dialogo aos alumnos para
que escoiten e despois traten de memorizalos e repetilo. Como podemos apreciar,
o profesor ten un papel activo mentres que o alumno é pasivo e responde ante os
estímulos do profesor.
6. Comunicativo: método creado no Reino Unido na década de 1970, coma
alternativa aos métodos gramaticais para darlle un enfoque máis real a
prendizaxe de idiomas. Para isto, establecía unha serie de contextos previos na
que os alumnos se tiñan que desenvolver. O que principalmente se fomenta é a
liberdade de expresión por parte do alumnado.
7. Resposta física total (Método Asher): Método que tivo
unha grande acollida nos EEUU na decada dos 70. Considera que a memoria se activa
co movemento so alumno, polo que unha ferramenta moi empregada e o xogo ‘Simon
says’.
8. Método do Silencio (Método Gattegno): é un dos
métodos máis característicos xa que consiste en fomentar o uso da lingua por
parte dos alumnos, que son os que teñen que producir a maior cantidade de enunciados
posible sen que o docente fale. Este só se pode comunicar con eles a través de
obxectos (normalmente regretas) ou movementos de mans indicando que facer ou
dicir.
9. Suxestopedia (Método Lozanov): O principal obxectivo deste método é
a linguaxe cotiá e a eliminación de barreiras psicolóxicas para que non haxa
impedimentos na aprendizaxe. Para isto, crease un entorno agradable e cómodo,
con plantas e música de fondo, por exemplo, e fanse traducións e
dramatizacións. No caso dos erros, o profesor non pode corrixilos no momento,
xa que suporía unha barreira psicoloxica para a prendizaxe e romperia a
harmonía do ambiente.
Para concluír, gustaríame engadir que, como futura docente, non opino que
haxa un método mellor, senón que creo que deberíamos coller o mellor de cada un
e adaptalo as nosas necesidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario