Ola de novo!
O cuarto tema da materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e
Internacional ten que ver co deseño curricular, que é un tema fundamental para calquera
persoa que se queira dedicar a docencia.
Este tema, que tanto no meu caso coma no dalgún dos meus compañeiros, era o
gran descoñecido, xa que non sabíamos cousas tan importantes coma que era un
currículo ou o deseño curricular, ou como facer unidades didácticas, serviunos
de repaso da materia que leva o mesmo nome e que viramos previamente no módulo
común.
Gustaríame comezar expoñendo que me gustou a organización das clases, xa
que, pouco a pouco, cando o profesor nos realizaba preguntas ou nos indicaba
temas sobre os que traballar, todos os alumnos íamos chegando o coñecemento de
conceptos e contidos ao mesmo tempo, ben fora a través de ideas soltas ou porque
tíñamos pequenos traballos de investigación que facer e que, a medida que íamos
resolvendo, íamos intercambiando opinións cos demais compañeiros.
Os puntos principais deste tema foi o currículo, que é un elemento
fundamental para o ensino de calquera materia. O currículo é a regulación dos
elementos que determinan os procesos de ensinanza e aprendizaxe en cada unha
das ensinanzas. Este componse de seis elementos fundamentais, como son:
1.- Os obxectivos de cada ensinanza: Apartado onde se expoñen os obxectivos
que se espera por parte do alumnado para superar a etapa ou curso.
2.- As competencias: As competencias son un punto a resaltar xa que teñen
un gran peso no currículo. Hai sete competencias fundamentais, pero o seu peso
varía segundo a materia.
3.- Os contidos: Neste apartado recolleranse os contidos que se impartirán
durante o curso e sobre os que traballará o alumnado.
4.- Os estándares de aprendizaxe: Refírense aos parámetros da aprendizaxe que
se van avaliar.
5.- Os criterios de avaliación: Refírese aos criterios que se van ter en
conta á hora de avaliar a un alumno para ver se acadou os obxectivos para pasar
a materia.
6.- Metodoloxía didáctica: Os pasos que vai seguir o docente para expoñer
os contidos nas clases.
Dentro do currículo, é importante mencionar que hai distintos graos de
concreción curricular, que son os distintos niveis/organismos que determinan a
composición do currículo. Estes son:
O Estado, que determina os contidos comúns, fixa os horarios lectivos
determina os estándares de aprendizaxe avaliables e os criterios de avaliación,
entre outros.
O Ministerio, que determina os criterios de avaliación final en relación aos
contidos e deseña as probas de avaliación final xunto cos contidos de cada
convocatoria.
O Goberno Autonómico, que complementa os contidos, fixa os horarios
lectivos máximos e complementa os criterios de avaliación.
Os Centros Educativos, que complementan os contidos, deseñan e implantan os
métodos pedagóxicos e didácticos e determinan a carga horaria.
Outro punto interesante que vimos foi o estudo das linguas estranxeiras nas
distintas etapas, ESO e Bacharelato segundo a LOMCE, da cal falamos en clase.
Na etapa da ESO, a LOMCE fixa que os obxectivos xerais da materia sexan
comprender e saber expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira
apropiada. A metodoloxía debe ser activa e participativa, favorecendo o
traballo individual e o colectivo e fomentando o desenvolvemento de todas as
competencias.
No caso do Bacharelato, o alumnado debe conseguir expresarse con fluidez e
correctamente en unha ou máis linguas estranxeiras. Ademais de empregar unha metodoloxía
que favoreza o pensamento autónomo e o uso das TIC e a investigación, de forma
individual ou colectiva.
En canto a Formación profesional, vimos que, dada a ampla oferta e
variedade ca que conta, o estudo das linguas estranxeiras varía segundo o ciclo
formativo. Nalgúns ten un papel fundamental, mentres que noutros cursos
aprender un idioma estranxeiro non parece ter moita importancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario