Arranca a última etapa do mestrado! Ano novo, materia nova!
Comeza a materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, a
última do Mestrado en Formación de Profesorado da especialidade de linguas
estranxeiras. O docente do primeiro día é Carlos Valcárcel, que comezou
facéndonos unha presentación a materia, os contidos e os profesores que a
impartirán. As primeiras impresións foron, e penso que falo pola maioría dos
meus compañeiros e compañeiras, moi boas!
O finalizar a presentación, continuamos facendo unha actividade moi
práctica que podemos aplicar nas nosas futuras prácticas, adaptando os
contidos, para practicar as Wh-Questions con preguntas sobre a materia.
O xogo consistía en formular seis cuestións sobre a didáctica por grupos,
de xeito que quedasen tres grupos en clase para poder pasarnos a pregunta a
modo de ‘patata caliente’. Se o equipo contestaba ben, gañaba un punto, pero si
respondía mal, a pregunta rebotaba no seguinte grupo.
Este tipo de actividades están moi ben, xa que son entretidas e
interesantes para os alumnos e, ao mesmo tempo, aprenden. Para levalas a cabo
da maneira o máis organizada posible, o profesor deunos algunhas claves:
1.
É
mellor que os equipos os faga o docente, por dous motivos moi útiles que
explicou.
1.1.
Pérdese
menos tempo ca se organizan eles os grupos.
1.2.
Permite
que se roten e non elixan sempre os mesmos compañeiros/as para traballar con eles.
2.
Hai
que exemplificar as actividades. Isto é moi importante para que entendan ben
que hai que facer e como hai que facelo.
3.
Traballar
a creatividade. Unha idea que nos amosou o profesor foi que, se levamos a cabo
a actividade durante as prácticas, os alumnos/as poñan un nome de equipo con
vocabulario traballado. Deste xeito repasan o vocabulario que viron e aplícano
de novo.
O noso equipo, o número tres, preparou as seguintes cuestións (inicialmente):
o
Quen/Quenes
son os precursores da didáctica?
o
Por
que é tan importante a didáctica?
o
Onde
foron os inicios da didáctica?
o
Que
contidos imos ver?
o
Cales
son os obxectivos principais da materia?
o
Como
é a avaliación?
o
Cando
hai que actualizar o portfolio?
Como remarquei antes, estas eran as preguntas iniciais que redactamos xa
que, ante a dificultade que supuñan, decidimos ir cambiando sobre a marcha! Aínda
así, non tivemos a sorte de ser o equipo gañador, senón que foi o equipo número
un ao que lle propoño un reto... Saberiades/Apeteceríavos contestalas agora? En
xeral, a pregunta non é para o grupo un exclusivamente, senón que é para calquera
compañeir@ que queira contestala, pero referíame a eles xa que nos quedou a
espiña de que non soubemos contestar a súa pregunta.
Para rematar con este exercicio, gustaríame recalcar que é moi útil para as
nosas sesións xa que, ademais de ser entretido, sérvenos para saber se o noso
futuro alumnado sabe formular preguntas de maneira correcta ou simplemente repasar
as Wh-Questions.
Despois deste xogo introdutorio, comezou a parte teórica da materia, que
para a miña sorpresa, foi bastante levadeira. Nela puidemos coñecer vocabulario
como:
o
Lingua
inicial ou materna. É a primeira lingua que adquire un meniño, normalmente antes
da etapa escolar e de maneira inconsciente. Tamén se lle chama L1.
o
Segunda
lingua. É a lingua adquirida despois da inicial. Pódese adquirir unha ou máis.
Tamén é coñecida como L2.
o
Lingua
estranxeira. É a que se adquire na escola e de maneira consciente.
o
Lingua
habitual. É a que utiliza un falante no seu día a día. Esta pode coincidir ou
non coa lingua inicial.
Tras aclarar os conceptos, fixemos unha actividade
na que tiñamos que explicar as diferenzas e similitudes entre a lingua inicial
e a lingua estranxeira a través do Diagrama de Venn. O resultado foi o
seguinte:
A continuación, fixemos fincapé na diferencia das dúas seguintes:
o
Lingua
de traballo. É a que se impón nunha empresa para traballar. Pode coincidir ou
non coa lingua oficial do país, tal e como vimos en exemplos na clase: No Zara
de Arabia Saudí, probablemente se fale en inglés.
o
Lingua
vehicular. É a que se negocia para momentos puntuais nos que se hay que
comunicar con falantes doutra lingua: Vamos de Erasmus a un país estranxeiro. Sería
a lingua que acordamos falar co resto de estudantes que, coma nos, veñen de
distintos países. Tamén é coñecida coma lingua franca.
Esta exposición de conceptos deunos pé ao debate sobre o termo ‘lingua
materna’ ou ‘lingua nai’, que o profesor nos explicou que se denomina así xa
que, normalmente, era a nai a que criaba e educaba aos fillos, polo que era ela
a que lles ensinaba a falar. Tamén comentamos que de ahí xorde a expresión ‘mamou
a lingua’.
Este debate, tamén nos deu pé a facer unha actividade chamada ‘placemat’,
na que tiñamos que intercambiar ideas sobre o tema que se nos propuña. O noso
enunciado dicía: “Un grupo de Erasmus de 5 países europeos distintos sae de
festa. En que lingua se decide o local?”. Tras moito debatilo, non sei si
conseguimos chegar a un acordo, xa que tiñamos puntos totalmente opostos:
Patricia dicía que en español, xa que viñeron a aprendelo e teñen que
practicalo, mentres que Nerea dicía que en inglés, xa que é a lingua máis
cómoda e fácil para todos. Eu, segundo a miña experiencia, mantívenme nun punto
neutro, tirando quizais cara o inglés, xa que normalmente é a lingua que falaba
cos meus compañeiros nesa situación, pero tamén é porque era a que ía a
aprender e era o máis práctico para todos.
Por último, concluímos a sesión cunha actividade piramidal, na que por
grupos, que ían aumentando ata concordar toda a clase, tiñamos que decidir
cales eran as nosas linguas iniciais, segundas e estranxeiras, e tiñamos que ir
eliminando as que non fosen comúns a todos. Como esperabamos, o resultado foron
o galego, o español e o inglés.
Como reflexión persoal, teño que confesar que, trala volta das vacacións do
Nadal, non estaba moi segura de como sería esta nova etapa. En liñas xerais o
mestrado paréceme moi interesante e sinto que hai materias nas que aprendo
moitísimas cousas interesantes e útiles de cara o meu futuro como docente, pero
en moitas delas tamén sentín unha gran frustración dado que aprendemos moitos
exemplos de situacións reais que viviremos, pero sentín que faltaban exemplos
reais de como afrontar estas situacións.
Pola contra, esta materia non é para nada como a esperaba. Pensaba que sería ‘máis do mesmo’: conceptos, definicións, teoría... Sen embargo levei unha grata sorpresa, tanto polos contidos coma polos docentes. Por fin sinto, que a parte de aprender moitas cousas interesantes sobre o universo da docencia, o máis importante é que estou aprendendo cousas útiles aplicables ás inminentes e temibles prácticas, que xa están a volta da esquina!
Pola contra, esta materia non é para nada como a esperaba. Pensaba que sería ‘máis do mesmo’: conceptos, definicións, teoría... Sen embargo levei unha grata sorpresa, tanto polos contidos coma polos docentes. Por fin sinto, que a parte de aprender moitas cousas interesantes sobre o universo da docencia, o máis importante é que estou aprendendo cousas útiles aplicables ás inminentes e temibles prácticas, que xa están a volta da esquina!
Grazas por ler. Espero os vosos comentarios!
No hay comentarios:
Publicar un comentario