Ola lectores e
lectoras,
Ata agora, puidestes
ver que dediquen o meu blog a ensinarvos ferramentas, páxinas e aplicacións que
fun descubrindo e que me parecen moi interesantes e útiles para o ensino.
A partir de agora
as entradas estarán centradas no ensino das Linguas Estranxeiras no Contexto
Español e Internacional, unha materia que atoparedes no Mestrado de Formación
de Profesorado (Especialidade: Linguas Estranxeiras) da Universidade de Vigo. Deste
xeito, as próximas entradas serán temas con explicacións vistas en clase e
relacionadas co ensino de Linguas Estranxeiras. Espero que vos gusten e sexan
do voso interese. Comezamos!
Como indica o
título, neste tema falaremos do Marco
Común Europeo de Referencia para as Linguas, coñecido pola abreviatura MCERL
en español e CEFR en inglés, que é un estándar europeo que serve para medir o
nivel de comprensión e expresión oral e escrita dunha lingua.
Tal e como
comentábamos en clase, este estándar europeo é fundamental no contexto
económico e social, xa que permite alcanzar a integración europea e o
crecemento económico, facilitando a mobilidade e libre circulación entre os
países da comunidade.
Para isto, o Marco
Común Europeo de Referencia establece unha escala de seis niveis de referencia
para a organización da aprendizaxe e a homologación dos distintos títulos acreditativos.
Como podedes ver na
imaxe, existen tres bloques fundamentais clásicos: O nivel básico ou de principiante,
o intermedio e o avanzado, correspondendo o A1 ao nivel máis baixo e o C2 ao
nivel de aprendizaxe máis alto. A seguinte imaxe describe de maneira moi breve
e clara que características ten o usuario de cada grupo.
Como comentábamos en clase, os niveis de lingua son o aspecto máis estudado, xa que os libros de texto e as certificacións académicas teñen que adaptarse os obxectivos e competencias, polo que o estudo dos niveis é fundamental.
Ademais dos niveis, o Marco Común Europeo de Referencia tamén delimita as
capacidades e destrezas que os alumnos deben ter e controlar en cada un dos
niveis. Así atopamos as seguintes categorías: Comprensión auditiva (listening), comprensión lectora (reading), fala (speaking) e escritura (writing).
A imaxe que veredes baixo estas liñas expresa as destrezas que debe
ter o usuario de cada nivel en cada categoría, dende o nivel máis básico ao
máis avanzado.
Antes de facer as últimas reflexións, considero que é importante mencionar o
Portafolio Europeo de Linguas, un
proxecto conxunto co MCERL, que se inscribe dentro da política lingüística
europea, e que fomenta os mesmos obxectivos que o Marco:
ü Protexer e desenvolver a herdanza
cultural e a diversidade de Europa como fonte de enriquecemento.
ü Facilita-la mobilidade dos cidadáns,
así coma o intercambio de ideas.
ü Desenvolver un enfoque da
ensinanza de linguas baseado en principios comúns.
ü Promove-lo plurilingüísimo.
Por último, gustaríame rematar
expresando que, baixo o meu punto de vista, grazas a proxectos coma o MCERL ou
o Portafolio Europeo de Linguas, facilitóuselle, sobre todo aos estudantes, a
mobilidade arredor de Europa e o intercambio de ideas e experiencias.
Si desexades algunha información
adicional, non dubidedes en consultar o Marco Común Europeo de Referencia paraas Linguas: Aprendizaxe, Ensinanza e Avaliación, onde aparecen todos os puntos
claramente explicados. Ademais, tamén vos deixo un enlace á web CambridgeEnglish onde atoparedes un vídeo sobre o CEFR e un PDF con información
adicional. Graciñas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario