Trala segunda clase coa profesora Luz Valencia, volvo a quedar abraiada
ante o sinxelo que é facer unha actividade en clase na que todo o alumnado
participe, se divirta e aprenda sen practicamente darse conta.
Como primeira reflexión, gustaríame destacar a magnifica idea das caixas
máxicas e misteriosas que traen tanto Luz coma Ana a clase. Esas caixas están
cheas de materiais incribles que tanto podemos utilizar para facer unha
actividade de warm up inicial, para
os últimos cinco minutos da sesión ou para utilizar a maior parte dela. Estas
caixas están cargadas de fichas de emparellar, imaxes, listas de xogos e
preguntas e ‘chumineishons’, nome
que le puxeron os alumnos a obxectos variados da vida cotiá. A reflexión que fago con isto é que calquera
cousa, un papel en branco por exemplo, por insignificante que sexa, pode
incluírse nunha actividade e servir para practicar unha ou máis destrezas, sen
ter que seguir o libro de texto ao pé da letra.
Durante a clase tamén fixemos numerosos xogos e actividades moi
interesantes, pero encantoume o crucigrama que nos pasaron cos nosos nomes e os
datos que habíamos entregado o primeiro día de clase. Penso que esta actividade
é perfectamente practicable en todos os cursos e que aos adolescentes lles
encantará, xa que son os auténticos protagonistas da actividade.
Outra actividade que me encantou foi a das fotos. Primeiro, a profesora
púxonos unha foto dela para que fixésemos preguntas e tratásemos de adiviñar
quen eran as outras persoas que estaban na fotografía con ela. Esta actividade
é especialmente interesante xa que unha das protagonistas da foto, Luz, era coñecida
polo alumnado, e isto esperta especial interese neles por saber quen son os demais.
Por outra banda, tamén é importante xa que practican a oralidade que,
desafortunadamente, está infravalorada no noso síntema educativo.
A segunda actividade, relacionada con esta, tiña como protagonista a
Cinderella nunha foto da fotógrafa Dina Goldstein. A clase, dividida en catro
grupos de catro, tiña que buscar unha explicación ao que se vía na imaxe:
Cinderella nun bar, tomando unha copa, soa, sen príncipe. Ao rematar, cada
membro do grupo se intercambiaba con outro e comparaban as respostas. Como
explicaba na actividade anterior, este é un exemplo de práctica oral na que o
alumno aprende de maneira entretida, xa que teñen que buscar un final
alternativo ao conto e usar estruturas e vocabulario.
E agora pregúntovos a vos, queridos lectores, que opinades?
Para rematar, gustaríame recomendar a web de Jamie Keddie, Lessons Stream, que nos recomendou Luz. Estivemos votándolle unha ollada en clase e pódense
sacar cousas moi interesantes dela.
Espero que voa gustase o post. Espero os vosos comentarios!
A verdade é que resulta increíbel todo o xugo que se lle pode sacar na aula a unha simple imaxe ou a un pequeno obxecto de uso cotiá, sobre todo visto dende a nosa óptica de nativos dixitais, no que as veces parece que só se pode traballar con recursos dixitais. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
ResponderEliminarConcordo totalmente contigo, David! Foi unha magoa non termos máis clases 'reais' ao longo do mestrado!
ResponderEliminar