Boas lectores,
Hoxe deixareivos os meus comentarios sobre o terceiro tema da materia, que
se centrou na preparación da clase por parte do docente.
Ben é sabido que para impartir unha clase, tanto de linguas estranxeiras coma
de calquera outra materia, é necesario ter ben preparada a clase para sacar o
maior rendemento do alumnado, xa que doutro xeito os estudantes perderíanse,
non estarían atentos e perderíase un tempo moi valioso.
Centrándonos na ensinanza da materia de inglés ou doutra lingua
estranxeira, o que se pode apreciar, tal e como comentamos en clase pola nosa
experiencia persoal, é que os profesores tenden a seguir o libro de texto. Este
é o material co que se traballa regularmente. Ademais disto, tamén contamos con
un caderno de actividades, ao que recorremos tras haber dado a explicación
correspondente, para que os alumnos realicen os exercicios do tema que, na
maioría de ocasións, son insuficientes para a aprendizaxe.
Para ver si esta tradición de seguir as clases polo libro de texto afecta
ou non negativamente ao alumnado, primeiro, analizamos uns libros de distintas editoriais,
vendo os pros e contras de cada un coma se fósemos novos docentes dun centro ao
que vimos facer unha substitución e ao que lle dan o libro de texto que se
segue na materia. Desta análise sacamos conclusións moi interesantes de
posibles e futuras melloras para facilitárlle-la vida ao noso alumnado.
Ademais, nas sucesivas sesións, os compañeiros de clase fixeron estudos e
análises sobre libros de texto propios para ver as vantaxes e desvantaxes que
ofrecían en canto a organización do libro, contidos, os distintos temas, etc.
Outro punto que tamén comprobamos é no que todos concordamos é o pouco
tempo que se lle dedica a competencia oral. Como comentabamos no tema anterior,
a fala é unha destreza que non se practica nas aulas, a pesar de que é moi
necesaria, e queda patente nos libros, onde pouca importancia se lle da ao speaking.
Isto débese a que nos preparan para a selectividade, onde a proba oral non
é necesaria e por tanto se relega a un segundo plano, sumándolle importancia a
outras coma a gramática.
Gustaríame rematar recalcando que, como futura docente, gustaríame corrixir
este erro e promover e fomentar a importancia da destreza oral no ensino de
idiomas, xa que a teoría sen a práctica non é nada. Este é un dos puntos que falla
no noso sistema educativo e co que me gustaría contribuír aportando o meu de
area para que cambie, xa que eu, como estudante, o tiven que sufrir. Por iso,
como docentes, é moi importante seguir aprendendo e innovando, para tentar
cambiar o sistema e axudar as futuras xeracións a acadar os seus obxectivos.
O traballo na aula
seguido unicamente polo libro de texto é insuficiente. A combinación entre o
libro de texto e outras ferramentas (programas, vídeos, aplicacións...) pode
ter moitos beneficios para o alumnado. Ademais, o profesor debe marcar uns
obxectivos claros e ben definidos e ver que se van conseguindo ao longo do
curso, de maneira que tamén sirvan de motivación para que o alumnado teña ganas
de alcanzalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario