Boas amigos,
Hoxe falareivos da nosa sesión correspondente ó quinto tema da materia que
seguimos.
Para isto, comezaremos explicando que é unha programación didáctica e que
elementos a compoñen, ademais dos distintos tipos de programacións didácticas
existen.
Unha programación didáctica é a organización e elaboración de unidades
didácticas, que son o instrumento de planificación curricular necesario para
desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado de maneira coordinada
entre o profesorado compoñente do departamento.
As programacións didácticas, que están deseñadas polos departamentos de
cada materia, serven para planificar, desenvolver e avaliar cada área da mesma,
coa finalidade de facilitar o proceso de aprendizaxe ao alumnado, atendendo as
súas necesidades e ritmos de comprensión.
A resolución do 5 de xullo de 2016, ca que tivemos a oportunidade de
traballar en clase, é a que dita as instrucións para a implantación no curso
académico 2016/17 do currículo establecido do Decreto 86/2015, do 25 de xuño,
da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Todas as programacións didácticas están compostas por elementos. Nesta
entrada, seguindo o que vimos en clase, centrarémonos na estrutura das
programacións LOMCE na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato, que
está composta dos seguintes elementos:
1. Introdución e contextualización.
2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave.
3. Concreción dos obxectivos para o curso.
4. Concreción para cada estándar da aprendizaxe de
4.1.
Temporalización
4.2.
Grao mínimo de consecución para
superar a materia.
4.3.
Procedementos e instrumentos de
avaliación.
5. Concrecións metodolóxicas.
6. Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.
7. Criterios sobre a avaliación, a cualificación e a promoción do alumnado.
8. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente.
9. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das
materias pendentes.
10. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os
coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato.
11. Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se
poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados.
12. Medidas de atención a diversidade.
13. Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que
corresponda.
14. Actividades complementarias e extra-escolares programadas por cada
departamento didáctico.
15. Mecanismos de revisión, da avaliación e de modificación das programacións
didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.
Ademais das programacións didácticas da ESO e Bhacharelato, tamén tivemos a
oportunidade de coñecer e comentar outras, como son as vixentes nos cursos de
Formación Profesional e as da Escola Oficial de Idiomas (EOI).
Para afondar máis no tema, tamén tivemos exposicións de compañeiros e
compañeiras que nos amosaron as programacións didácticas de centros, amosando
os erros e inclusive calcos que atopamos nelas. Con isto, gustaríame rematar
engadindo que estou completamente de acordo coa importancia das programacións
didácticas, pero tamén considero que se pode ser máis flexible en certos
aspectos que poden ir xurdindo ao longo do curso, xa que non todos os grupos de
alumnos son iguais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario