Boas lectores e lectoras,
Nesta entrada do blog falarei sobre o exposto en clase correspondente ao sexto
tema da materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional,
onde nos centramos na metodoloxía CLIL ou AICLE.
O Método CLIL (Content and Language
Integrated Learning), coñecido en español coma AICLE (Aprendizaxe Integrada
de Contidos en Lingua Estranxeira) é unha metodoloxía que xorde en Europa no
ano 1994 e que consiste en impartir materias doutra área distinta a lingua nunha
lingua estranxeira en vez da lingua oficial que lle correspondería.
Esta metodoloxía, que ten como principio fundamental o uso da lingua
estranxeira tanto para aprender os contidos da área que lle corresponde coma
para mellorar o uso da mesma e conseguir fluidez na lingua estranxeira, foi
gañando seguidores moi rapidamente e implantouse en moitos centros a nivel
nacional e internacional.
Para levalo a cabo, os docentes dos centros onde se ía empregar o método, tiñan
que ter un bo nivel da lingua estranxeira que se ía empregar, polo que tiveron
que facer cursos para estar dobremente preparados e, a parte de transmitir contidos
correctamente nunha lingua estranxeira, os alumnos tiñan que comprendelos na
lingua para saber comunicalos despois.
Despois, tamén estivemos vendo e comentando as cinco dimensións de Marsh,
que son as seguintes:
1. Cultura: constitue coñecemento e comprensión interculturais, así coma
desenvolve habilidades comunicativas, ampliar contextos culturais e coñecer
países e rexións.
2. Contorno: prepara para a especificación e integración na Union Europea,
axuda a acceder a certificación nacional e mellora o perfil do centro.
3. Lingua: mellora a competencia global na lingua adicional e afonda no desenvolvemento
da consistencia da lingua materna e a lingua adicional que introduce e desenvolve
intereses plurilingües.
4. Contido: fornece oportunidades de estudar contido dende perspectivas
diferentes, acceso á terminoloxía propia da materia na lingua adicional e
prepara para estudos posteriores ou o mundo laboral.
5. Aprendizaxe: complementa estratexias de aprendizaxe individuais,
diversifica métodos e formas na práctica de aula e aumenta a motivación do
alumnado.
Seguindo ca metodoloxía CLIL, tamén comentamos os catro elementos de Coyle,
que son:
1. Contido: a progresión no coñecemento, as destrezas e a comprensión na
formación global en relación cos elementos específicos dun currículo
determinado.
2. Comunicación: uso da lingua para aprender mentras que se aprende a lingua.
3. Cognición: desenvolvemento de destrezas de pensamento que se relaciona coa
formación de conceptos, a comprensión e a linguaxe.
4. Cultura: exposición a perspectivas distintas para a mellora da comprensión
dun mesmo e dos que nos rodean.
A verdade é que foi unha clase moi interesante onde puidemos aprender
moitas cousas sobre esta metodoloxía que moitos centros teñen en práctica dende
hai uns anos e que eu, como defensora do plurilingüísimo apoio (aínda que con
matices), pero non me gustaría rematar sen facer unha aclaración, que nos fixo
unha compañeira coñecedora do método e que me parece moi interesante.
Paréceme fundamental facer unha diferenciación entre a metodoloxía CLIL e o
que moita xente coñece coma CLIL pero en realidade é EMI (English as Medium of Instruction). Como o seu propio nome indica,
neste método o inglés é usado coma medio de instrución, pero non é avaliado,
coma ocorre co CLIL.
Espero que vos gustase e aprendésedes algo novo! Graciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario