Boas lectores e lectoras,
Hoxe comentaremos o tema sete da materia As Linguas Estranxeiras no
Contexto Español e Internacional, onde nos proporcionaron información sobre as
institucións internacionais dedicadas a recompilación de datos sobre a
ensinanza-aprendizaxe de linguas estranxeiras a nivel mundial, coma Eurydice,
Eurostat ou o Informe Pisa. Despois, falamos dos sistemas educativos de países
coma Finlandia, Xapón, Dinamarca ou Canadá, que están nos postos máis altos dos
estudios, en comparación co español que sempre obtén pésimos resultados.
En canto a recollida de datos, destacamos as seguintes institucións:
Eurydice: unha rede que se encarga de analizar e ofrecer información sobre os
sistemas e políticas educativas europeas. Está composta por 37 unidades
nacionais con base nos 33 países participantes no programa de Aprendizaxe
Permanente da Unión Europea. Eurydice está coordinada pola Axencia Executiva,
que é a encargada de elaborar unha versión preliminar das publicacións e bases
de datos, e ten a sede en Bruselas.
Informes Eurostat: organismo que se encarga de elaborar estudios estatísticos oficiais.
Eurobarómetro: enquisa aos cidadáns da Unión Europea sobre asuntos de interese xeral.
Informe PISA (Programme for International Student
Assessment): programa a cargo da OCDE que consiste na realización de probas
estandarizadas a estudantes de 15 anos para valorar o seu rendemento. Estes
exames lévanse a cabo cada tres anos e céntranse na comprensión lectora, matemáticas
e ciencias. Trala popularidade destas probas, cada ano vanse incrementando máis
países, chegando a ter 72 en total no ano 2015.
Como comentamos en clase, unha das cousas que máis me sorprendeu dos
estudos foi o feito de que España tivera unha posición tan baixa a pesar de
que, xunto con Bélxica, somos o único país que introduce a ensinanza de linguas
estranxeiras en Educación Infantil. Polo xeral, o resto de países comezan ca
ensinanza do idioma estranxeiro aos 12 anos.
Analizando estes datos, tanto en España coma en Bélxica deberíamos ter un
nivel bastante superior ao resto, tendo en conta que comezamos a estudalo bastantes
anos antes ademais do mito de que os cativos aprenden mellor os idiomas xa que
o seu cerebro é coma unha esponxa; crenza que queda totalmente refutada.
O que si queda demostrado é que o importante non é a cantidade de input, senón a calidade do mesmo.
Tamén me pareceu moi curiosa a diferenciación por comunidades en canto os
resultados en España, onde puidemos que ver que no norte levamos ata dous
cursos de vantaxe con respecto as comunidades máis ao sur.
Para contribuír cun alo de esperanza para o sistema educativo nacional, gustaríame
mencionar un par de países con sistemas educativos totalmente opostos e cun
éxito tremendo nas enquisas.
Por unha banda atopamos a Finlandia, un dos casos máis sorprendentes, xa
que nos anos oitenta obtiña pésimos resultados pero ‘milagrosamente’ goza dos
postos máis elevados na actualidade.
O milagre débese en parte grazas a que nos anos 90 cambiou o seu plan de
inversión de fondos, polo que os fondos que invertía en defensa pasaron a ir
para a educación. Esa inversión vese reflexada nos resultados académicos. O
sistema educativo ofrécelles todas as facilidades ao alumnado, ensinanza gratuíta
e de calidade, cuns docentes altamente cualificados e ben valorados.
Pola outra banda, atopamos o sistema educativo nipón. Xapón caracterízase
por unha esixencia que cualificaría incluso de inhumana para os estudantes,
onde o fracaso non está permitido e o traballo duro e esforzo son premiados.
Esta idea de alta competitividade e esforzo non só se transmite na escola,
senón que tamén se pon en práctica na vida cotiá, onde as persoas buscan a
constante aprobación na vida laboral e profesional.
A modo de anécdota, pareceume moi curioso o feito de que o alumnado só teña
dez días de vacacións tres veces ao ano e que os dediquen a facer deberes e
traballos.
Gustaríame concluír agradecendo que se incluíse este tema, tanto na materia
coma no Mestrado, xa que me parece un tema fundamental como futura docente.
Paréceme moi triste que non se faga nada por parte do Goberno para cambiar
unha situación que leva anos estancada cos mesmos resultados, xa que eles son
os que teñen que dar o primeiro paso para cambie a situación de España nos
estudios, mellorando a calidade da educación.
No meu caso, que tiven a sorte de poder estudiar en dous países con
sistemas educativos distintos (Suíza e España), síntome frustrada como
estudante, vendo que aquí se repiten anos tras anos os mesmos patróns de
aprendizaxe de idiomas e se abandonan destrezas fundamentais, como é a
oralidade, mentres que alí é totalmente o contrario.
Deberíamos tomar exemplo dos sistemas educativos dos países veciños e facer
unha comparación, para mellorar os nosos puntos fortes e implementar as
melloras dos países que ano tras ano acadan as mellores posicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario