Segunda e interesante sesión co profesor Carlos Valcárcel sobre os tipos de
didáctica segundo as distintas linguas e as metodoloxías. Queredes saber cal é
a diferenza?? Continuade lendo!
Esta segunda sesión veu cargada de termos e siglas moi interesantes que
procederemos a repasar a continuación, pero antes de falar deles, gustaríame
empezar cunha aclaración moi importante da que falamos en clase.
Moitas veces, o alumnado tende a confundir didáctica (parte da pedagoxía
que estuda técnicas e métodos de ensinanza) con metodoloxía (conxunto de
métodos que se usan para acadar os obxectivos da materia). É moi importante
recalcar que para cada didáctica se poden atopar distintas metodoloxías, como
pasaremos a ver a continuación.
Tipos de didáctica segundo a lingua (en inglés, francés e alemán):
1.
Didáctica
da lingua inicial
EMT: English Mother
Tongue.
FLM: Français Langue
Matternelle.
DaM: Deutsch als
Muttersprache.
2.
Didáctica
da lingua segunda
ESL: English as a
Second Language.
FLS: Français Langue
Seconde.
DaZ: Deutsch als Zweitsprache.
3.
Didáctica
da lingua estranxeira
EFL: English as a
Foreign Language.
FLE: Français Langue Étrangère.
DaF: Deutsch als Fremdsprache.
Metodoloxías:
1.
AICLE (Adquisición Integrada de Contido e Linguas
Estranxeiras) ou, en inglés, CLIL
(Content and Language Integrated Learning): Metodoloxía que consiste en
impartir calquer materia que non sexa de lingua (plástica, educación física,
coñecemento do medio...) nunha lingua estranxeira. Non debe confundirse ca
metodoloxía EMI (English as a Medium
of Instruction), da que falamos noutro post neste blog.
É importante aclarar, tal e como mencionamos en
clase, que non é o mesmo ser profesor de inglés que ser profesor en inglés.
Isto quere dicir que, aínda que sexamos docentes de inglés, non temos por que
estar capacitados para dar outra materia nesa lingua. O ideal é que nos
coordinemos co profesor desa materia para axudarnos.
2.
Aprendizaxe precoz das linguas estranxeiras: Metodoloxía pola que se ensina a lingua
estranxeira a cativos en educación infantil e primaria. Recibe este nome xa
que, como sabemos, no resto de países europeos non se imparten linguas
estranxeiras antes dos 11 anos.
YLE: English for
Young Learners.
3.
Linguas estranxeiras para fins específicos: Soe impartirse nos Centros de Linguas ou
en Formacións Profesionais xa que se ensina terminoloxía e vocabulario
específico.
ESP: English for Specific
Purposes.
4.
Linguas estranxeiras para seniors: Tal e como indica o seu nome, esta
metodoloxía usase no ensino de linguas estranxeiras a maiores de 55 anos. Cada
vez son máis os seniors que se lazan a aprender unha lingua estranxeira, xa que
é unha das actividades que máis se recomendan para traballar a memoria.
Despois de ver estes conceptos, pasamos a facer un exercicio práctico onde
tiñamos que elixir que tipo de didáctica aplicaríamos en cada unha das
seguintes situacións:
-
EOI
-
Asociación
de Mulleres Viúvas
-
Ciclo
Superior de Axente de Viaxes
-
Materia
de Ciencias de 4º ESO
-
Aula
de 1º primaria
-
UNED
-
País
africano de lingua oficial inglesa
-
Escola
Británica en Madrid do Ministerio de Asuntos Exteriores dese país.
Este último exemplo foi o que nos tocou a miña compañeira Patri e a min.
Neste contexto, o tipo de didáctica que teríamos que aplicar é a didáctica da
lingua inicial, xa que estaríamos ensinando inglés a uns nenos que son británicos
a pesar de que a escola estea ubicada en Madrid.
A pesar de habelos visto en clase, atrevédesvos a resolver os demais
exemplos? Espero as vosas respostas!!
Como resultado do exercicio, podemos extraer que hai distintos tipos de
didácticas segundo sexa a situación, polo que os docentes nos temos que
implicar de maneira constante e diaria na procura de materiais e contidos
útiles para o noso alumnado.
A continuación, seguimos a sesión expoñendo un novo tema: ‘Os factores na
situación do ensino das linguas estranxeiras’. Para isto, comezamos facendo
unha actividade piramidal coma a da outra sesión na que, a partir de grupos de
tres, tíñamos que decidir cales eran eses factores.
A proposta do meu equipo non foi moi distinta a que acordamos finalmente en
conxunto, deixando ver que os factores máis importantes son:
1.
As
características do alumnado (idade, nivel, NNEE*, lingua inicial, etc.)
2.
Características
do centro (si é publico ou privado, relixioso ou non, o equipamento e materiais
dos que dispoñemos, etc.)
3.
Obxectivos
do alumnado.
*Gustaríame recalcar unha aclaración que nos fixo o profesor en clase, xa
que é un erro que cometo cando falo.
Normalmente suelo dicir alumnado con dificultades especiais, pero é máis
correcto dicir alumnado con necesidades especiais (NNEE), xa que deste xeito incluímos
a todo o estudantado: alumnos/as con algún tipo de discapacidade, con
altas/baixas capacidades, nenos que teñen a lingua estranxeira como lingua
ambiental, etc.
No último bloque de clase, estivemos falando das fases e
etapas da aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Este é un tema fundamental coma
futuros docentes, xa que non é o mesmo ser profesores de nenos que de
adolescentes. Deste tema xa falaramos na materia de psicoloxía, onde analizamos
os cambios que sofren os adolescentes tanto a nivel físico coma intelectual,
social e de personalidade.
As conclusións as que chegamos foron, por unha banda, que os rapaces
aprenden mellor ata os 7-8 anos, xa que aprenden léxico e morfoloxía e son
capaces de discriminar sons. A partir desa idade, comeza un período crítico,
onde o cerebro sofre unha transformación e vanse perdendo unhas capacidades
pero gánanse outras, coma a capacidade analítica. A partir desa idade a lingua
inicial é o filtro polo que pasa toda a aprendizaxe da lingua estranxeira.
Canto maior é o alumnado, mais gramática necesita para aprender.
Por último, fixemos unha actividade na que tiñamos que escribir unha frase incorrecta en lingua estranxeira, e o noso compañeiro/a tiña que corrixila. De ahí tamén extrouxemos conclusións moi interesantes, coma que non podes facer tachóns encima do erro senon que é mellor subliñar o que está mal ou que o vermello non é a mellor cor para correxir, senon que podemos facer un código de cores co alumnado para usar unha ou outra cor segundo sexa o erro.
Por último, fixemos unha actividade na que tiñamos que escribir unha frase incorrecta en lingua estranxeira, e o noso compañeiro/a tiña que corrixila. De ahí tamén extrouxemos conclusións moi interesantes, coma que non podes facer tachóns encima do erro senon que é mellor subliñar o que está mal ou que o vermello non é a mellor cor para correxir, senon que podemos facer un código de cores co alumnado para usar unha ou outra cor segundo sexa o erro.
Penso que estas clases están sendo moi útiles, xa que, unha vez máis, sinto
que estou aprendendo moitas cousas que me axudarán a ser unha boa profesora.
Gracias por ler. Invítovos a deixar os vosos comentarios e opinións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario