Mostrando entradas con la etiqueta AnaFontenla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AnaFontenla. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de febrero de 2017

Agradecementos

Quixen facer esta última entrada ao blog, unha entrada moi especial, para agradecer todo o que aprendín ao longo deste curso e a todas as persoas que coñecín.

Por unha parte, gracias aos profesores, aos que de verdade nos ensinaron algo útil para o noso inminente futuro laboral. A verdade é que houbo moitas clases interesantes ao longo do mestrado, onde aprendemos cousas de psicoloxía e como pensan os adolescentes, moita lexislación e como preparar todo o papeleo que nos espera, educación en valores, unha materia fundamental que temos que inculcar ao noso futuro alumnado, as distintas competencias do currículo e a situación das linguas estranxeiras a nivel rexional, nacional e internacional e, como non, didáctica, unha das materias que máis me fixo sentir segura en canto as prácticas que comezaremos a próxima semana e que nos axudou a entender e coñecer mellor distintas metodoloxías, competencias e actividades.

Por outra banda, gustaríame agradecer aos compañeiros do grupo polo bo ambiente que tiñamos en clase. Creo que foi un dos mellores grupos de compañeiros que tiven e, sinceramente, alégrome moito de habelos coñecido. É certo  que ao longo do grao coñecín a persoas extraordinarias e lévome amigas que son especiais, pero nunca sentín que tivésemos unión de clase, ao igual que no mestrado que fixen o curso pasado, onde a única unión que tiñamos era un grupo de WhatsApp, pero fora diso, en clase, non había contacto ningún...

Este ano, a verdade, é que me esperaba que acontecese o mesmo. As únicas persoas que coñecía, Patricia, do grao, e Itziar do mestrado do ano pasado, eran coas que pensaba que tería relación, pero dende a presentación do máster, onde empecei a coñecer a compañeiros, unha compañeira insistiu en que este ano había que ‘socializar’, e así foi! Coñecín a unhas persoas marabillosas e espero que sigamos tendo contacto por moitos anos máis!

Compañeiros e compañeiras, aínda que remate o máster, espero que sigamos mantendo o grupo de WhatsApp (que non haxa próximos abandonos) e poidamos quedar para tomar algo de vez en cando.

Polo pronto, da cea que fixemos a semana pasada, creamos unha historia que queríamos compartir con vos. A actividade consistía en que cada un de nos tiña que escribir unha frase continuando a historia, e que, ao ser posible, tivese coherencia. Creo que non hai mellor maneira para a despedida do blog, polo que vos deixo a historia cunhas fotos da cea. Ata sempre! 

Érase una vez un grupo de inocentes alumnos en busca
de convertirse en profesores de inglés
que se conocieron en el CUVI, Vigo
y creían que todo iba a ser diferente…
Pero todo cambiou cando chegaron a Deseño Curricular
Llevaba la parte del huevo, que no era la yema (la CLARA).
Todo parecía oscuro hasta que por fin vimos LUZ.
¿VIEITES (vistedes) como non era tan duro?
¡VARE-LA (vale la) pena hacer este máster
para coñecer a xente maja e marabillosa!
Pronto chegou ANAlxésico para calmar os nosos medos,
CARLOS (cando) pensabamos que estaba todo perdido
SONIAmos (solíamos) pensar que tendríamos un HERMESo futuro,
Pero la niebla a veces nos ciega la visión
y nos hace perdernos entre /softgüares/ y /tijers/.
Pero de todo isto saiu una unión moi grande,
sobre todo porque nos comprometemos a firmar un contrato e subilo a faitic.
Porque al final, we all wANNAchieve lo que nos interesa
Ser los mejores TEACHERS EVER!

P.D.: Dayna se dice como reina pero con ‘D’.




domingo, 5 de febrero de 2017

Sesión Didáctica 02/02/2017, Debate Final

Como ben di o título da entrada... hoxe tocou día de debate final! Un día moi interesante, onde resolvemos moitas dúbidas e tratamos temas moi interesantes, pero a mesma vez un día nostálxico e triste (son unha sentimental). Agora que coñecíamos aos compañeiros, que incluso fixemos amigos no mestrado, que as clases nos gustaban... temos que rematar!!

Resultado de imagen de fin de curso


Esta sesión de debate, na que participaron as dúas profesoras da materia de didáctica, Ana e Luz, foi algo distinta, xa que ademais de debater sobre cuestións moi importantes para nos e de plena actualidade, compartimos aula co outro grupo, polo que o intercambio de opinións foi maior.

A estrutura da clase, en cambio, foi similar as outras xa que comezamos facendo dúas actividades de warm-up, esta vez en inglés e francés. Na primeira actividade ‘Talking to a Martian’, Luz (que non sabíamos que dominase o francés) representaba a un marcián que non coñecía vocabulario nin obxectos, polo que a nosa compañeira, a partir dun fular, tiña que ir explicándolle o vocabulario que saía: fular, pescozo, corpo, físico, obxecto... A continuación tocoulle a Ana representar ao marcián. Neste caso a voluntaria foi Dayna, unha americana moi simpática a que non lle resultou nada fácil explicar algunhas das palabras polas que lle ían preguntando: bolígrafo, escribir, man, papel... A actividade está xenial, pero aínda que pareza fácil, non o é en absoluto!!

A segunda actividade, divertidísima, era de mímica. Nela, as profesoras tiñan que elixir ser ‘algo’ e que o resto da clase, neste caso os catro voluntarios que saíron, tiñan que representar algo relacionado coa palabra inicial. Por exemplo, Ana elixiu ser unha árbore e os demais compañeiros de clase foron as súas raíces, unha mazá, unha folla, un paxaro e o ovo do paxaro. Esta actividade é sinxela para practicar vocabulario e facelos moverse para despexar ou desconectar da clase anterior. Ademais, sempre podemos combinala con mandarlles facer unha historia por escrito sobre o que representaron.
Despois destas actividades, comezamos cos temas de debate.

O primeiro tema foron os deberes. Antes de debater, vimos un vídeo que xa coñecía no que distintos rapaces e rapazas amosaban a súa carga de traballo tanto diaria coma nas vacacións.

Resultado de imagen de deberesNa miña opinión, non concordo de todo co vídeo, aínda que os nenos que aparecían eran nenos pequenos, da primaria imaxino, e non sei que carga de traballo teñen eles, pero segundo a miña experiencia persoal, a min para as vacacións non me soían mandar moito traballo e ata cursos superiores, non recordo haber tido tantos deberes. Aínda así, imaxino que iso dependerá de cada profesor. Penso que os deberes se deberían adaptar segundo o nivel do alumnado e que se deberían mandar con control. No meu caso persoal, a miña profesora de E.S.O. mandábanos deberes da unidade e da seguinte antes de vela en clase “para que fósemos vendo o que íamos traballar”. Tamén penso que sería ideal acordalo co resto de profesores e chegar a acordos cos alumnos.


Imagen relacionadaO segundo tema de debate foron as TICs, un tema que tamén está de actualidade e co que vimos opinións moi dispares: Dende o uso das TIC para todo ata o completo rexeitamento delas. Segundo a miña opinión, penso que a tecnoloxía é unha axudante do profesor. Non podemos depender totalmente dela nin rexeitala e facer coma si non existise. A tecnoloxía é unha amiga que, usándoa ben, pode resultarnos moi útil. En cambio, se como explicaba unha compañeira, usamos o libro de texto da tablet para seguilo ao pe da letra coma un libro en papel, non estamos explotándoa en absoluto.

Resultado de imagen de libros en papel o electronicos

Tras volver do descanso, para asimilar toda a información recollida sobre estes temas moi controvertidos na actualidade, continuamos debatendo sobre os libros de texto, si son mellores en papel ou en tablet ou preguntando dúbidas e contando experiencias.




Un dos puntos que máis me preocupaban e me segue preocupando é o dos conflitos no centro. Tanto Luz coma Ana nos deron consellos para afrontar situacións complicadas que poidan xurdir na aula, e trucos para que non molesten en clase, pero como eu son unha persoa bastante cortada (que é todo o contrario que cortante) sinto que necesitarei moitos anos de práctica para poder ter a raia aos meus futuros alumnos. Temo o día que teña que vivir unha situación así no centro e que non sexa capaz de afrontala. Este tema é un dos que máis me preocupan!


Aínda así, con respecto á opinión que saíu en clase en canto a que non se debería castigar ou expulsar a un alumno por falta de respecto ao profesor por temor as represalias cando volva a aula, teño que dicir que estou totalmente en contra. Entón, permitímoslles que nos falten ao respecto, a nos e aos compañeiros, solo porque cando veñan despois duns días de reflexión na casa, poden tomar represalias contra nos? Si pensamos iso, estamos vivindo amedrentados por eles, e iso, baixo o meu punto de vista, é o último que se pode permitir.

Imagen relacionada

Na última parte da sesión, estivemos vendo calidades que todo profesor debería ter segundo as opinións de distintos alumnos e alumnas. Entre elas estaban: ser paciente, dedicado, entusiasta ou respectuoso.

Para concluír con este post, gustaríame acabar agradecéndovos, Luz e Ana, todo o traballo e dedicación que puxésedes en cada clase connosco. Dáme moitísima pena non habervos coñecido antes e non poder seguir aprendendo de vos.

Luz, gracias por convencer a Ana para que viñese impartir as clases ao mestrado e permitirnos descubrir que hai posibilidades para a ensinanza de linguas, que hai que cambiar o enfoque co que a maioría de profesores traballan (basicamente gramatical) e que con cousas mínimas podemos facer grandes actividades.

Ana, gracias por aceptar vir e compartir connosco os teus coñecementos e seguridade.

Nunca perdades a paixón!

Por último, simplemente quero engadir que, trala clase de debate, os compañeiros do grupo 1 fixemos unha cea na que se nos ocorreu un ‘inxenioso’ e colaborativo xogo que pronto compartiremos convosco...


Grazas por todo!

sábado, 4 de febrero de 2017

Sesión Didáctica 01/02/2017, Ana Fontenla e María Luz Valencia




A sesión de hoxe estivo impartida polas dúas profesoras da materia. A primeira parte da sesión estivo connosco Ana, falándonos do método CLIL (sobre o que tamén podedes ler información noutro post deste blog) e a última parte estivo impartida por Luz, onde falamos das titorías e grupos de PMAR.

A sesión comezou cunha actividade de warm-up que me gustou moito, onde os meus compañeiros e máis eu tiñamos que escoller cal das propostas nos gustaba máis e movernos a un lado da clase ou outro. Despois, xunto cos nosos compañeiros do mesmo grupo, tiñamos que debater sobre as razóns por que habíamos preferido esa cousa sobre a outra. Algúns dos temas que saíron foron:


Resultado de imagen de coffee or teao   Coffee or tea?
o   Christmas or birthday?
o   Car or motorbike?
o   Spaguettis or burgers?
o   Summer or winter?
o   Mickey or Donald?
o   E-books or real books?
o   Shower or bath?

Esta actividade é moi sinxela para facer e seguro que lle gusta ao alumnado, ademais de que poden practicar distintas destrezas, coma a oral, e despois combinala coa escrita, mandándolles facer una redacción na que expliquen as razóns para escoller unha ou outra cousa.

A parte de facer un repaso sobre a metodoloxía CLIL, coñecida como AICLE en español, tamén falamos doutros temas moi interesantes, como son as seccións bilingües (fan referencia a CLIL en Galicia) ou os auxiliares de conversa. A clase estivo chea de anécdotas por parte da profesora, Ana, e incluso se me fixo curta, xa que descoñecía algúns termos que tratamos e gustaríame saber máis do funcionamento dos centros en xeral, aínda que imaxino que unha vez comezadas as prácticas e a miña vida laboral, irei aprendendo da experiencia.

Na segunda parte da sesión, que impartiu Luz, fixemos actividades que podemos por en práctica tanto nas titorías, para aproveitar máis o uso do inglés, coma nos grupos de PMAR. PMAR (Programa de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento) é o novo nome que se lle da ao antigo PDC (Programa de Diversificación Curricular) de cando eu estudaba.

Unha actividade que levamos a cabo en clase para traballar con PMAR sería darlles unhas listas, ou que eles mesmos as creasen, na que tivesen que completar todas as letras do alfabeto coma se dun tutti frutti se tratase, cada día con unha temática. Por exemplo, un día crear unha lista con comidas, outro día con obxectos, outro día con adxectivos, etc. Así, cando teñan algo máis de vocabulario podería presentarse usando vocabulario das listas onde coincida a inicial. No noso caso, tivemos unhas respostas moi orixinais... Coñecimos a lovely Luz de London que comía Lychees, a dangerous Dayna que comía Donuts, a mysterious Minia que comía meet ou a jealous Jose.

Esta actividade poderíase complementar cada día coa lista que corresponda do día, por exemplo: “My name is Luz and I wear leggins”. No meu caso o único que se me ocorre é “my name is Yessica and I’m young. My favourite colour is yellow, I like yaks and yogurts and I love yoga.” Si queredes compartir os vosos, espero os vosos comentarios! ;)

Deste punto, falando de PMAR, paréceme fundamental destacar a idea de que temos que facelos conscientes de que son capaces e de que eles poden. Temos que valoralos e felicitalos polos seus logros e transmitirlles que a pesar de que non son bos nos estudios, poden ser bos noutras cousas.

Tamén é importante facer con eles actividades coma show and tell con temáticas sinxelas. Como o seu propio nome indica, o alumnado ten que levar algo físico a clase e presentalo. Cousas sinxelas coma unha foto, algún obxecto da súa habitación ou unha peza de roupa pode servir. Así practican a oralidade, aínda que tamén poderiamos mandarlle facelo por escrito.

En canto as titorías, pareceume clave o consello de Luz de que o fundamental é crear un bo ambiente de clase. Os alumnos teñen que respetarnos do mesmo xeito que nos a eles. Eles teñen que saber que somos os profesores e que van ao instituto a aprender, pero si por encima o pasamos ben é mellor para todos. Encantaríame que fose así cos meus alumnos, que houbese ese bo ‘rollo’ entre o alumnado e máis eu coma o que sentimos nas clases de didáctica.

Unha actividade moi interesante que poderíamos levar a cabo e a de escribir algo sobre dous compañeiros, un que che caia ben e sexa teu amigo e outro sobre un co que non teñas boa relación. O único requisito que se espera por parte do alumnado é que sexan honestos. Así, na seguinte sesión, a profesora lería o que escribiron sobre eses compañeiros sen mencionar quen, para que toda a clase saiba as calidades que teñen os compañeiros/as.

Unha vez máis, unha clase moi interesante e útil! Que pena que sexa a penúltima!

Grazas por ler! 

martes, 31 de enero de 2017

Actividade grupal para didáctica: Salsa Society. 31/01/2017

Boas a tod@s!!

Hoxe traio un post sobre unha actividade que temos que facer para a materia de Didáctica, na que tiñamos que crear unha actividade duns 15 minutos a partir dunha fotografía.

A actividade tiña que ser grupal, polo que o meu grupo estará composto por Patricia, Alba e María.
Partindo da imaxe escollida, un panfleto sobre unha sociedade de clases de Salsa da Universidade de Kent, pensamos nunha actividade para os primeiros 15 minutos de clase que debería ser un repaso de vocabulario visto na sesión anterior. O curso elexido é 2º de Bacharelato.



Para comezar, pensamos que poderíamos facer un brainstorming tratando o tema dos hobbies. Dese xeito, pediriámoslle ao alumnado comezar usando a destreza oral nunha actividade de warm-up e incluso ice-breaking, xa que ao falar de cousas que lles gusta a eles e que lles gusta facer no seu tempo libre, dáselles a oportunidade de comezar a clase motivados e con interese. Algunhas das posibles respostas que poderían xurdir serían: dancing, running, playing footbal ou playing basketball.

A continuación, introduciriamos o concepto das ‘sociedades’ que son moi comúns nas universidades británicas e americanas, polo que pode ser un tema especialmente atractivo para eles que están a punto de comezar a vida universitaria. Para estimular a súa parte creativa, e partindo do hobbie que mencionaron antes (ou calquera outro que se lles ocorra), pedirémoslles que contestasen as seguintes preguntas: Que sociedade crearían? Inscribiríanse nalgunha?

Para isto terían que usar o condicional, que xa viramos nunha sesión anterior. Por exemplo:

ü  If I had the chance, I would create a ................ society.
ü  If I were there, I would enroll myself in the ........ society.

Despois, ensinariámoslle a imaxe do panfleto coa ‘Salsa Society’ e dividiriamos ao alumnado en 4 grupos para que creen a súa sociedade e nos expliquen que actividades propoñerían, prezo, horario, datas... Deste xeito tamén traballarían a competencia matemática.

Para proporcionarlles apoio, facilitariámoslle vocabulario relacionado, unha writing frame con palabras e estruturas clave para poder desenvolver a actividade. Por exemplo: enroll, join, propose, meet, offer, merge in... Poderían resultar frases coma a seguintes:

ü  If I were the president of the ............... society, I would offer ................
ü  I would propose we meet every Sunday and Monday.


Por último, cada grupo creará un slogan para a súa actividade, tratando de captar a atención dos compañeiros/as, xa que ao final da sesión, todos deberán votar cal é a mellor sociedade/lema a cal se unirían. As trampas non son posibles: Non vale votar cada grupo pola súa!

Aportación persoal:

Penso que as actividades que propuxemos como grupo están moi ben, pero poderíamos complementalas con outras. Por exemplo, ao ensinar a foto, que eles teñas que adiviñar por que elixiu a profesora esta foto? Tal e como facíamos coas fotos de Luz? Será que a profesora estudou en Kent? Será que a profesora pertenceu a unha asociación? Será que a parte de profesora é bailarina de salsa? Un xogo entretido onde teñan que facer preguntas e tratar de descubrir que hai detrás da imaxe.

Por outra parte, a parte de crear a súa sociedade, poderían deseñar uns carteis/murais, tanto se queren en cartulina coma se o queren facer cunha ferramenta online que poríamos a sua disposición, coma Piktochart. Despois, poderían facer unha presentación estilo show and tell, na que presentasen a sua sociedade xunto co mural que fixeron e estos poderían colgarse na aula ou nos corredores.

Sesión Didáctica 26/01/2017, Ana Fontenla

Hoxe tivemos a segunda coa profesora Ana Fontenla na que traballamos con estratexias e técnicas de comprensión escrita. De novo, non nos decepcionou!

As catro horas de clase non estiveron para nada desaproveitadas e, nelas, puidemos traballar con máis xogos psicolóxicos, que seguro que volven locos aos adolescentes, o ‘test en 3 minutos’, para comprobar si os adolescentes len e fan o que se lles pide, textos sen signos de puntuación, cartas do taboo ou debates. As caixiñas misteriosas volveron estar presentes!!



Como reflexión ante esta clase, podo dicir que me sinto contenta e satisfeita de sentir que aprendo. Sinto repetirme no mesmo, pero a visión que nos aporta Ana, ao igual que Luz, é tan real e positiva que nos motiva a querer aprender máis, a ser creativa e a transmitir. Nótase perfectamente que lles gusta o que fan, e esa sensación é tan agradable e hai tanto tempo que non a sentía...

Eu, dende case sempre, sacando cando era unha nena que quería ser perruqueira, actriz, astronauta e médica, entre outras, sempre tiven claro que me gustaba ensinar. Penso que a miña vocación cara os idiomas comezou de pequena. Como dixen noutro post, nacín en Suiza, onde vivín ata os 7 anos. Alí crecín rodeada de linguas, xa que aprendíamos alemán na escola, falaba en galego en casa con meus pais, e tiña amigas de todas partes: portuguesas, italianas, rusas...Penso que aí empezou toda a miña inquietude por aprender idiomas. Cando me viñen para Galicia, a profesora que tivemos ese e o seguinte ano, foi marabillosa. Eu sentíame algo perdida nas clases, xa que non eran coma en Suiza, e tampouco tiña amigos aquí, cando o resto da clase ca todos se coñecían, pero ela, Conchi, foi tan boa connosco, que o último recordo que teño dela é toda a miña clase de primaria chorando porque non queríamos perdela. Recordo que dende aí, sempre dicía, eu quero ser unha profesora coma ela, coma Conchi.

Como ía contando antes de enrollarme tanto, penso que dende aí sentín que quería dedicarme a docencia, ata que cheguei o mestrado. Non é que perdese a ilusión, pero sí que é verdade que nos ‘cargaron’ con tantos tópicos e información que nos saturaron: Non podedes tocar aos alumnos, coidado co que se lles di, non ter reunións con eles a soas, ides ter problemas cos pais e cos compañeiros, ser docente implica preparar un montón de papeleo (unidades didácticas, guías docentes, informes...). Dende o meu punto de vista, vendéronnolo todo tan negativo que, no meu caso, desanimeime un pouco... ata que chegamos a didáctica! Que tratásemos este punto na clase doutro día, aínda que penso que volveremos falar disto o día de debate, fíxome sentir máis aliviada, e todo gracias a visión máis próxima a realidade que nos aportan tanto Ana coma Luz.


Para rematar, non sei si a miña reflexión de hoxe ten que ver coa clase, pero foi en todo o que pensei cando cheguei a casa. Volvín recordar esa ilusión dunha nena de 8 ou 9 anos que adoraba a unha profesora e que quería ser coma ela. Agora, con uns anos máis, teño novos modelos aos que me gustaría parecerme a hora de dar clase. Mentres chega ese momento, farei manualidades e seguirei traballando a miña imaxinación e creando materiais para o meu futuro alumnado, ao que espero transmitirlles paixón, entusisasmo e motivación por querer saber máis.

domingo, 29 de enero de 2017

Sesión Didáctica 24/01/2017, Ana Fontenla

Hoxe veño a traervos unha reflexión moi interesante que fixen da materia de didáctica, trala clase coa última profesora que nos quedaba por coñecer... Ana Fontenla! Pero, como ben di o refrán, os últimos serán os primeiros, xa que estou abraiada con esta profesora.

Cando coñecemos a Luz Valencia, penso que tanto os meus compañeiros mais eu desexamos ter unha profesora coma ela no instituto: Alguén que nos transmitise esa paixón, tanto pola ensinanza coma polos idiomas. Ademais, o seu punto de vista como docente dun instituto, foi inmellorable... Ata que coñecemos a Ana!

Cando a clase comezou, cun xogo de warm-up, entendín as palabras de Luz: “Ana e mais eu somos dúas caras da mesma moeda”.

Ao igual que dixen con Luz, a clase non foi para nada o que me esperaba, senón que máis ben foi todo o contrario. Xa votaba de menos sesións onde escoitase falar en inglés! Ademais, as sesións son tan amenas e sinto que estou aprendendo tanto que non teño ganas de que a clase acabe. Máis ben estou desexando saber con que cousa nos sorprenderán na seguinte sesión.

Desta, podemos sacar reflexións moi importante para nos como futuros profes. Unha delas que nos recalcaron, tanto Ana coma Luz na sesión anterior, é que todo ten que ter un propósito. Non hai que facer un exercicio porque si, senón que ten que ter un motivo, ten que estar relacionado con un tema, ten que ensinarlles algo os alumnos, motivalos. Unha cousa que me gustou moito que nos dixo Ana, relacionado con este tema é que haberá moitos exercicios que saian fatal e pensemos ‘vaia churro’, e outros que pensábamos que non funcionarían e sexan xeniais, pero iso non ten que desanimarnos. O importante é que teñan un motivo, e si sae mal, haberá que seguir probando.

Outra cousa fundamental é saber o nome dos alumnos e facer que todos participen (en inglés) aínda que sexa cunha frase cada un. Temos que facelos falar, e que eles sexan o centro de todas as actividades. Así conseguiríamos facer a clase ideal de ensinanza de idiomas, onde o docente sexa máis un espectador colaborador que o que imparte a clase. Como dixo Ana: ‘hai que buscar a excelencia con eles’. Para aprender os nomes e algo dos alumnos, a profesora ensinounos varios xogos e estratexias para o primeiro día de clase.

Pero a pesar de todo os temas que tratamos relacionados coa expresión oral, o que máis me gustaron foron as actividades, xogos e estratexias que nos ensinou! Estou desexando poñelas todas en prácticas, tanto co meu alumnado de clases particulares coma cos meus futuros alumnos e alumnas. Todos os xogos, por moi sinxelos que parezan, son moi útiles e poden ser perfectamente adaptables a calquera nivel. Esta foi outra idea fundamental da clase. O importante non e o input, senón o output.
Sobre as actividades, podería falar de todas porque me parecen xeniais e marabillosas, pero gustaríame destacar a cantidade de actividades que nos ensinou como bellwork, que son actividades curtas para facer nos últimos 5 minutos de clase, ou a grande explotación que se pode facer das cancións. Como alumna de instituto e incluso universidade, non estamos falando de hai tantos anos, nunca xamais vin sacarlle tanto partido as cancións. É máis, cando as utilizabamos, simplemente era a modo de listening para completar cas palabras que íamos oíndo, pero Ana deunos tantas boas ideas que podemos utilizar que quedei impresionada: Ordenar as liñas da estrofa, completar as palabras coa letra que falta, facer un dictado cun parágrafo, atopar o erro, incluso facer un hangman co título da canción! Non vos parece xenial?

Son cousas que, por moi sinxelas que pareza, son moi útiles para traballar con adolescentes e, ademais de que o pasan ben, están aprendendo sen decatarse. Iso sí, unha clave que nos deu é que non podemos darlles todo o vocabulario, xa que son moi cómodos. Teñen que aprender a buscar.

Relacionado con este punto, gustaríame engadir unha opinión a cal me enfada moito con un exemplo que nos deu Ana. Os profesores non temos por que sabelo todo! Isto exemplificouno dunha maneira moi clara ca palabra ‘nevasca’. Ninguén da clase dixo que significaba, aínda que probablemente algún/algunha compañeiro/a si o soubera. Este é un claro exemplo de que, ainda sendo nativos dunha lingua, non temos por que coñecer todo o vocabulario desa lingua, e iso é unha cousa que me molesta moito ao falar dunha lingua estranxeira. Hai pouco saíu unha palabra, non recordo cal pero non era unha palabra común, nunha conversación. A rapaza en cuestión preguntábame que significaba e, a verdade, non o sabía. Cando lle dixen que non o sabía, a súa resposta foi: “Entón, estudiaches inglés e non sabes que significa isto?”. Sentín tanto desprecio e tanta falta de respecto pola súa parte. Lamentablemente, este é algún dos tópicos que sufrimos os profesores e futuros profesores de idiomas. A xente pensa que somos ‘malos no noso’ si non sabemos o significado ou como se di unha palabra na lingua estranxeira que aprendemos. Outra cousa é o de ‘ser nativo ou non’. Este verán, estiven enviando CVs e mails para academias da localidade onde vivo e arredores. A verdade e que algunhas nin sequera me contestaron, pero unha que o fixo respondeume literalmente que “non daba o perfil, xa que solo querían profesores nativos. Era o requisito indispensable para traballar alí”. E digo eu, unha persoa española sen posibilidades para estudiar, con un nivel educativo e cultural baixo, por un exemplo, podería traballar nunha academia de ensino de español polo simple feito de ser nativa española? Penso que ese non debería ser ‘un requisito indispensable’, senón que deberíamos fixarnos en máis cousas. Este é outro grande tópico que me molesta da xente, como cando che din: “Estudias para profesora, claro, traballan solo polas mañás e teñen 3 meses de vacacións...”.

Ana díxonos en clase unha frase que é a miña frase de cabeceira: “Si buscas resultados distintos, no hagas siempre lo mismo”. Albert Einstein. Concordo totalmente. Precisamente por iso quero ser profesora, que aportar o meu gran para cambiar a educación, quero romper tópicos, transmitir ao alumnado, que non veñan a clase sentindo que só é unha clase de gramática, senón traballar sobre un tema. Estas clases son o exemplo de que si é posible.

Resultado de imagen de albert einstein frases

Como dicía na entrada de Luz Valencia, a pesar do temor a facelo mal, estou desexando que empecen as prácticas para poñer en práctica todo o que estou aprendendo, e poder transmitirlles ao alumnado algo desa ilusión, paixón e saber que nos transmiten. Ata a seguinte sesión!


Gracias por ler! Espero os vosos comentarios e opinións!!