Cuarta sesión co profesor Carlos Valcárcel, onde nos presentou o CALL (Computer Asisted Language Learning) ou a
aprendizaxe de lingua por ordenador. Isto pode parecer que sea mediante un deses
cursos que a miúdo se ofertan online, pero, se darnos de conta, as persoas
usamos moitos servizos, páxinas e aplicacións para aprender idiomas.
Para comezar, fixemos unha acividade de brainstorm sobre CALL e qué
sabíamos del. No meu caso persoal, sonábame o nome, pero pouca era a
información que tiña.
Na actividade tíñamos que contestar as seguintes preguntas en parellas:
1.
Que
sei?
Didáctica que usa a tecnoloxía como
facilitadora da aprendizaxe.
Complementase co método de docencia tradicional.
Dirixida, especialmente, a alumnos nativos
dixitais.
É moi útil para practicar algunhas
destrezas.
2.
Que
uso?
Duolingo.
Dicionarios electrónicos.
MOOC’s y WebQuest’s.
Lyrics training.
3.
Que
quero saber?
Ferramentas (Padlet, Audacity, Lyrics
Training) e materiais.
Como sacarlle o máximo rendemento.
Se é útil ou non (Estudos, enquisas...).
Desta actividade, a parte da información que acabo
de incluír, aprendín dous datos moi curiosos que non sabía.
1.
O
PowerPoint ten 25 anos. Non é nova tecnoloxía!
2.
Non
son nativa dixital (digital native)!!!
Considéranse as persoas que nacen na segunda metade dos 90.
Tipos de aprendizaxe segundo CALL:
o
Aprendizaxe
ubicua: Producir contidos
en calquera sitio, a calquera hora e en calquera momento. Interacción
profesorado-alumnado.
o
Aprendizaxe
activa: Interaccionar co
alumno. O seu papel é activo (clicando na rede, falando, editando vídeos...).
o
Comunicación
multimodal: A comunicación
é multimodal e o alumno tamén prepara contidos.
o
Feedback
resursiva: A comunicación
xa non é oral, senon que é recursiva, pódese introducir unha serie de técnicas
(corrixir en foros, comentarios en redes sociais, chats...) para avaliar o que
dí o alumno.
o
Aprendizaxe
colaborativa: Comunidades
de aprendizaxe e práctica en liña, sen ter que estar presentes todas xuntas.
o
Metacognición: Permítenos reflexionar mellor sobre a
linguaxe, xa que se grava en audio e vídeo todo. Pódese avaliar o gravado e
reflexionar.
o
Aprendizaxe
diferenciada/personalizada: Podemos avaliar e reorientar as actividades segundo o nivel do alumnado,
dependendo de como sexa a súa evolución.
Tempos de aprendizaxe:
·
Aprendizaxe
sincrónica: Todos xuntos
ao mesmo tempo. (Kahoot)
·
Aprendizaxe
asíncrona: Aprendizaxe
por separado, aínda que os contidos sexan os mesmos. (Exercicio Faitic).
Modalidades:
·
Full
e-learning: Pode ser
síncrono ou asíncrono ou unha combinación de ambas.
Actividade: Audios, tests, lecturas, etc.
·
Blended
learning (Aprendizaxe
mixta/entrecruzado): combina e-learning e presencial, pero é mito máis.*
Actividade: Flip-classroom (aula
invertida), falar, escribir, etc.
Aprendentes:
·
One-to-one: A traves de blog por exemplo,
presentarnos e vendernos, coma as tendan que ensinan as súas aposibilidades.
·
Pequenos
grupos: videoconferencias
compartindo arquivos. 10 persoas aprox.
·
Grandes
grupos (MOOC’s): Learning Managment System. Necesitamos
unha plataforma potente que soporte moitas conexións
·
Comunidade
de aprendizaxe: Incluso
grupos de Facebook, para compartir arquivos que entrarán no exame e demáis.
·
Comunidade
de práctica: Comunidades
con regulacións distintas pero xente de distintos niveis.
Ambientes:
·
LMS: Moddle, Blackboard, Faitic, Edmodo.
·
Blogs: Blogs de aprendizaxe, blog de aula
(resumes, fotos, contidos...) .
· Redes
Sociais (10 anos aprox.)
- Foros: Dende 2010 incrementáronse brutalmente. Principal desvantaxe: Non
están pensadas coma LMS. A máis común: Facebook. Tamén se pode usar Twitter,
aunque ten a desvantaxe de que non podes crear grupos fechados.
· Ambientes
colaborativas: Wikis,
muros (realtimeboard, mural.ly, lino.it), presentacións (presentacións de
Google, prezi).
Esta, para min, sería a primeira parte da sesión,
pero na última parte tratamos un tema que me inspirou para o meu TFM: O uso de
redes sociais como medio educativo. Paréceme xenial!
De todos é ben sabido que as redes sociais poden
ser moi beneficiosas ou perigosas segundo o uso que fagamos delas. Antes de que
o profesor nos ensinase as súas utilidades, non vía clara a idea, pero unha vez
que tiven a oportunidade de coñecer o funcionamento e as vantaxes a través de
casos reais... Encantoume a idea! Tanto, que quero poñela en práctica!
Traballar mediante redes sociais coma Fb ten
moitos puntos positivos, xa que sempre que falemos de novas tecnoloxías e redes
sociais vai atraer moito máis ao alumnado que se traballan de maneira
tradicional: con papel e lapis. Ademais, o feito de que poidas crear grupos
pechados non invade a túa privacidade e non estás accesible a ninguén alleo ao
grupo.
Tamén penso que é moi positivo o feito de subir un
texto xunto cunha foto ou vídeo e poder facer comentarios e citar a compañeiros
e que o docente vexa que a actividade ou pregunta está contestada dentro do
tempo que deu. Por outra banda, tamén é moi positivo o feito de que se reciban
notificacións no móbil. Deste xeito, o alumnado non poderá por a escusa de que non se enterou de que había deberes’.
Fíxome moita gracia a frase do profesor: “Non te enteraches? Entón que tiraches
co móbil ao rio?”.
Por último, tamén é importante recalcar que o
alumnado cumpra certos requisitos: O principal, que sexan maiores de idade e
que a lingua que se utilice sexa a estranxeira.
Para concluír, penso que o feito de introducir as
redes sociais como medio de aprendizaxe ten moitísimo potencial e, persoalmente,
se algún día teño a posibilidade de usalas, penso facelo para probar o seu
funcionamento. No caso de que non puidese ser Facebook, usaría algunha similar
estilo, como por exemplo, Edmodo.
Unha clase moi interesante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario