Para continuar co tema das competencias, a profesora María Luz Valencia
propúxonos deseñar unha actividade para por en practica cos alumnos na que
tivésemos que traballar, polo menos, tres competencias. Esta é a miña
proposta... O tres en raia!
Para a realización do xogo, o ideal sería que os grupos fosen reducidos, xa
que hai que dividir a aula en dous equipos. Se houbese 20 alumnos na clase,
corresponderían 10 alumnos a cada equipo, polo que igual serían demasiados. No
caso de seren moitos, dividirémolos en tres equipos e reformularíamos as regras
do xogo.
A actividade levaríase a cabo da seguinte maneira:
1.
A
regra fundamental é falar en inglés. No caso de que o equipo fale en español,
perden automaticamente o turno. (Competencia
lingüística)
2.
Cada
equipo terá que elixir un nome de equipo e unha marca para o xogo. . Por
exemplo:
Team 1.- Blue squirrels à X
Team 2.- Pink lions à O
(Competencia
social e cívica)
3.
O
taboleiro de xogo terá tres opcións á escoller: Gramática, vocabulario e
sorpresa. Sería da seguinte maneira:
GRAMMAR
|
VOCABULARY
|
SURPRISE
|
SURPRISE
|
¿?
|
GRAMMAR
|
VOCABULARY
|
GRAMMAR
|
SURPRISE
|
4.
Na
parte de gramática, terán que responder ben a preguntas ou actividades
gramaticais para levar o punto. As preguntas adecuaranse ao nivel do grupo,
pero poderían ser cuestións do estilo:
- Corrixe o erro na/s seguinte/s oración/s.
- Como é o pasado/participio dos seguintes verbos.
- Escribe unha frase usando o adxectivo
comparativo e superlativo dalgún dos seguintes verbos.
5.
Na
parte de vocabulario, terán que resolver probas relacionadas con vocabulario:
- Escribe o nome (animais, profesións, partes da
casa, alimentos...) debaixo das imaxes.
- Relaciona o nome ca imaxe.
- Escríbeme 5-10 animais mamíferos/ froitas e
verduras de cor verde... que recordes.
6.
No
apartado de ‘sorpresa’, sempre terán que enfrontarse a un reto e completar a
proba con actividades similares as expostas na sesión. As cuestións variarán
para que practiquen distintas competencias. Algúns exemplos poderían ser os
seguintes:
- Un membro do grupo terá 1 minuto para representar
o que o profesor lle diga: Unha película, un obxecto, un animal... Poderá
describilo e facer sons dependendo da dificultade, sempre sen mencionar o nome.
O grupo terá que adiviñar que é nese tempo, senón haberá rebote cara o equipo
contrario. (Competencia lingüística, competencia
social e cívica, competencia do espírito emprendedor- propiamente, non é
unha competencia, pero falamos en clase sobre ela e consideramos que si debería
selo. Con esta actividade, estamos fomentando que o alumnos desenvolva a súa
creatividade).
- O grupo terá que ordenar cronoloxicamente
eventos que ocorresen na historia inglesa/americana. (Competencia lingüística, competencia social e cívica, competencia
matemática, conciencia e expresión cultural).
- O equipo terá que proporlle unha operación
matemática (suma, resta, multiplicación ou división, segundo o nivel) a un
membro do equipo contrario, de maneira correcta. Este deberá resolvela nun
minuto. Se o consigue, o punto é para o contrario, se non o consegue, o punto é
para o equipo que propuxo a operación. (Competencia
lingüística, competencia social e cívica, competencia matemática).
- A profesora pasará unha lista con vocabulario
que aparece ou non no vídeo que vai proxectar. O equipo terá que anotar os que
saian, póndose todos de cordo. Se acertan, gañan unha marca. O vídeo poderá ser
de temática variada: ciencias e tecnoloxía, cultural, etc. (Competencia lingüística, competencia social
e cívica, competencia dixital, dependendo da temática podería ser de
ciencias e tecnolóxica ou cívica e social).
7.
No
apartado central, onde aparecen os interrogantes, serán os propios alumnos os
que teñan que propor un reto ao equipo contrario. Si o equipo contrario o
resolve, gañarían o punto. No caso contrario, gañaríao o equipo que o escolleu.
8.
Finalmente,
gañaría o xogo o equipo que conseguise facer antes o tres en raia.
Por último, esta actividade tamén favorece a competencia de aprender a aprender xa que os alumnos
levarán a cabo estratexias que compartirán co equipo e ao mesmo tempo, estarán
aprendendo cousas novas dunha maneira divertida.
Esta actividade xa a puxen en práctica mentres traballaba nunha academia
onde impartía clases de inglés a grupos dende primaria ata bacharelato. O xogo
sempre lle encantou a todos os alumnos independentemente do nivel, e recordo o
caso dunha nena de 5º de Primaria que nunca lembraba como se dicía medusa en
inglés, ‘jellyfish’. Cando lle tocou a ela, púxenllo nunha proba, e a partir de
aí nunca máis se lle esqueceu como se dicía.
Un xogo estupendo, moi adaptable a todos os niveis. Non deixes de seguir usandoo. Sias clases son numerosas, sempre podes facer que compitan en catro equipos, por exemplo. E podes dedicar unha clase a preparar probas, que os propios aumnos poñan esas preguntas que nunca recordan (o casi do jellyfish!). A profe ten que controlar que vaian ben redactadas, etc pero o traballo o fan eles.
ResponderEliminarMoitísimas grazas, Luz! Tmarei nota do teu consello! A min gústame usalo sobre todo pola adaptabilidade, xa que tanto o facía con nenos/as de primaria, como da ESO e Bacharelato, e todos o pasaban xenial e aprendían cousas novas.
EliminarEsta me parece una actividad genial para cualquier nivel y que seguro que le encanta a los estudiantes. Te la robaré!!
ResponderEliminar