Mostrando entradas con la etiqueta CarlosValcárcel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CarlosValcárcel. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de febrero de 2017

Agradecementos

Quixen facer esta última entrada ao blog, unha entrada moi especial, para agradecer todo o que aprendín ao longo deste curso e a todas as persoas que coñecín.

Por unha parte, gracias aos profesores, aos que de verdade nos ensinaron algo útil para o noso inminente futuro laboral. A verdade é que houbo moitas clases interesantes ao longo do mestrado, onde aprendemos cousas de psicoloxía e como pensan os adolescentes, moita lexislación e como preparar todo o papeleo que nos espera, educación en valores, unha materia fundamental que temos que inculcar ao noso futuro alumnado, as distintas competencias do currículo e a situación das linguas estranxeiras a nivel rexional, nacional e internacional e, como non, didáctica, unha das materias que máis me fixo sentir segura en canto as prácticas que comezaremos a próxima semana e que nos axudou a entender e coñecer mellor distintas metodoloxías, competencias e actividades.

Por outra banda, gustaríame agradecer aos compañeiros do grupo polo bo ambiente que tiñamos en clase. Creo que foi un dos mellores grupos de compañeiros que tiven e, sinceramente, alégrome moito de habelos coñecido. É certo  que ao longo do grao coñecín a persoas extraordinarias e lévome amigas que son especiais, pero nunca sentín que tivésemos unión de clase, ao igual que no mestrado que fixen o curso pasado, onde a única unión que tiñamos era un grupo de WhatsApp, pero fora diso, en clase, non había contacto ningún...

Este ano, a verdade, é que me esperaba que acontecese o mesmo. As únicas persoas que coñecía, Patricia, do grao, e Itziar do mestrado do ano pasado, eran coas que pensaba que tería relación, pero dende a presentación do máster, onde empecei a coñecer a compañeiros, unha compañeira insistiu en que este ano había que ‘socializar’, e así foi! Coñecín a unhas persoas marabillosas e espero que sigamos tendo contacto por moitos anos máis!

Compañeiros e compañeiras, aínda que remate o máster, espero que sigamos mantendo o grupo de WhatsApp (que non haxa próximos abandonos) e poidamos quedar para tomar algo de vez en cando.

Polo pronto, da cea que fixemos a semana pasada, creamos unha historia que queríamos compartir con vos. A actividade consistía en que cada un de nos tiña que escribir unha frase continuando a historia, e que, ao ser posible, tivese coherencia. Creo que non hai mellor maneira para a despedida do blog, polo que vos deixo a historia cunhas fotos da cea. Ata sempre! 

Érase una vez un grupo de inocentes alumnos en busca
de convertirse en profesores de inglés
que se conocieron en el CUVI, Vigo
y creían que todo iba a ser diferente…
Pero todo cambiou cando chegaron a Deseño Curricular
Llevaba la parte del huevo, que no era la yema (la CLARA).
Todo parecía oscuro hasta que por fin vimos LUZ.
¿VIEITES (vistedes) como non era tan duro?
¡VARE-LA (vale la) pena hacer este máster
para coñecer a xente maja e marabillosa!
Pronto chegou ANAlxésico para calmar os nosos medos,
CARLOS (cando) pensabamos que estaba todo perdido
SONIAmos (solíamos) pensar que tendríamos un HERMESo futuro,
Pero la niebla a veces nos ciega la visión
y nos hace perdernos entre /softgüares/ y /tijers/.
Pero de todo isto saiu una unión moi grande,
sobre todo porque nos comprometemos a firmar un contrato e subilo a faitic.
Porque al final, we all wANNAchieve lo que nos interesa
Ser los mejores TEACHERS EVER!

P.D.: Dayna se dice como reina pero con ‘D’.




Sesión Didáctica 06/02/2017, Sesión Final

Chegou a última sesión do Mestrado en Formación de Profesorado e a última da materia de Didáctica. Durante esta sesión final, co profesor Carlos Valcárcel, fixemos un repaso dos coñecementos e competencias que adquirimos na materia e comprometémonos a seguir aprendendo.
De acordo con todos os puntos importantes aportados polos compañeiros e compañeiras de clase, poderíamos dicir que aprendemos as seguintes cousas:

Coñecementos adquiridos:

o   Metodoloxías de aprendizaxe: CLIL, CALL, Aprendizaxe por tarefas, scaffolding...
o   Grande lista de actividades para por en práctica.
o   Aprendemos a avaliar de maneira distinta: útil e efectiva, non só penalizando.
o   Coñecer os distintos instrumentos de avaliación, como as rúbricas, por exemplo, e as distintas ferramentas para avaliar as competencias.
o   Importancia do feedback (retroalimentación)
o   Como con pouco se pode conseguir mucho. Mínimo esforzo e máximo rendemento. Libro: The Minimax Teacher, Jon Taylor.
o   Importancia de facer as clases máis comunicativas: Non só a gramática importa!
o   Diferencias entre os distintos enfoques didácticos (Young Learners, Senior...) e a diferencia entre enfoques didácticos e metodoloxías.
o   Cambiamos o concepto da ensinanza de idiomas.
o   Novos enfoques das titorías e grupos de PMAR.
o   Inclusión de contidos transversais nos temas propostos nas unidades.

Competencias/habilidades que adquirimos:

o   Aprendemos cales eran as competencias do currículo, en que se diferenciaban e vimos exemplos. Tamén aprendemos a polas en práctica en exercicios.
o   Aprendemos a aprender a partir das estratexias dos compañeiros.
o   A facer da avaliación algo útil e que o proceso de aprendizaxe sexa construtivo para o alumnado.
o   Aprendemos que non sempre e necesario un exame para aprender e avaliar.
o   Creamos un blog con fins educativos.
o   Aprendemos que as redes sociais tamén se poden manexar dun xeito educativo e dinámico. Esta foi unha grande idea para o meu TFM.
o   Conciencia metodolóxica.
o   A lectura e a escritura como métodos de avanzar coñecementos e aprendizaxe nun idioma estranxeiro.
o   Saber motivar ao alumnado.
o   Deseñar actividades interesantes e divertidas, enfocadas ás necesidades do alumnado.
o   Uso coherente das TICs.
o   Creatividade e innovación.

Compromiso persoal:

Resultado de imagen de compromiso personal
Eu, Yesica Pereira, comprométome a aplicar todos os exercicios e actividades que aprendemos en clase para que o alumnado traballe todas as competencias e destrezas. Tamén me comprometo a seguir aprendendo e innovando para buscar o interese e motivación do alumnado e que vexan que estudiar linguas si é divertido. Por último, comprométome firmemente a facer unha avaliación xusta e transparente para o meu estudantado, e facerlles ver que cometer erros non é malo, porque dos erros tamén se aprende. Dareilles instrucións claras, titorías útiles e usarei con eles reforzos positivos.

Para concluír, gustaríame engadir as medidas que penso tomar para seguir formándome e aprendendo nesta materia. Penso que, a pesar de que o mestrado remata aquí, a nosa formación non o fai, polo que deberíamos...

Resultado de imagen de compromiso personalo   Visitar blogs especializados (profesores por exemplo).
o   Ir a seminarios, cursos... Ou unirse a comunidades de práctica.
o   Revisar libros e leer bibliografía especializada.
o   Falar con compañeiros especializados no tema.
o   Apuntarse a formacións onde aprendas cousas que poidas aplicar ao inglés.
o   Asistir a aulas de compañeiros.
o   Canais de youtube onde hai clases gravadas que poidamos ver.
o   Documentais, proxectos...
o   Consultar ao departamento de orientación.




Moitas grazas por animarnos a escribir este blog, xa que nos quedará de referencia para futuras semanas, meses ou anos, cando teñamos que facer algunha consulta e poidamos vir aquí e ver as cousas que escribimos. Penso que é un bonito recordo que nos quedará forever...

Resultado de imagen de graduación

viernes, 3 de febrero de 2017

Sesión Didáctica 30/01/2017, Carlos Valcárcel

Hoxe tivemos unha sesión moi importante de cara o noso futuro como docentes, na que tratamos un tema fundamental: A avaliación (presencial ou non) e o tratamento do erro.

Avaliar é corrixir e dar unha cualificación ou non. Podemos avaliar e non cualificar numericamente, polo que non sempre que corriximos estamos avaliando. As veces estamos dando feedback sobre os erros ou algo que podemos mellorar na expresión do alumnado pero non contan para a avaliación. Por isto, é importante diferenciar entre avaliar e corrixir.


Resultado de imagen de correccion

Outro punto clave que tratamos foi a importancia da corrección de erros, da que xa falaramos noutra sesión, e desatacamos unha cousa fundamental: Hai que corrixir ben os erros a tempo, xa que se non se traballa ben a corrección/o tratamento do erro, este pode chegar a fosilizarse e despois será moi difícil de erradicar.

Antes de comezar ca explicación, fixemos unha actividade piramidal sobre os erros máis comúns dos profesores de linguas estranxeiras a hora de avaliar. Estas foron as nosas conclusións:

1.- O profesorado, ata chegar a universidade, non nos facilitaron nin amosaron os criterios de avaliación, polo que o alumnado non sabe que ten que facer para aprobar ou sacar unha nota superior.

2.- A gramática prima sobre calquera outra competencia/destreza. No meu caso persoal, o listening non se avaliou ata niveles superiores (bacharelato) e o speaking non existiu como destreza ata a universidade.

3.- O profesorado corrixe erros gramaticais no exame de comprensión que priman sobre a comprensión en si mesma. Nun reading debería primar máis ler o libro e o demostralo antes que saber redactar ben, xa que para iso están outras destrezas.

4.- Falta total de feedback para o alumnado. Na maioría de ocasións o docente non informa ao alumnado en que aspectos fallaron e que aspectos teñen que mellorar.

Tras esta actividade de warm-up, comezamos a falar da avaliación. Déixovos os aspectos máis importantes que tratamos.

Tres aspectos clave sobre a avaliación:

ü  Tipos de avaliación:
Autoavaliación: O alumno/a avalíase a si mesmo para verificar a súa aprendizaxe e ver que aspectos necesita mellorar.
Coavaliación: Os estudantes avalíanse entre si. Sóese empregar en CALL.
Heteroavaliación: O profesor avalía os estudantes. Pode ser o mesmo profesor ou outro, como ocorre na selectividade.

ü  Criterios de avaliación: Criterios para verificar a comprensión por parte do alumnado en función dos obxectivos e das estratexias fomentadas: Comprensión analítica, global, escrita, lectora, vocabulario...

ü  Ferramentas: Obxecto da avaliación e as ferramentas. Pode ser mediante rúbricas, checklist, cuestionarios de resposta múltiple, cuestionarios de resposta aberta, exercicios de relacionar, gravacións ou unha combinación de varias.

Tres principios:

1.- Validez. Compre garantir que:
ü  Avaliamos o que foi aprendido.
ü  A información recollida dá unha imaxe exacta da competencia dos estudantes.

2.- Fiabilidade. Que reflicte a nota? Compre garantir que:
Dous estudantes do mesmo nivel terán o mesmo resultado coas mesmas probas.

3.- Factibilidade. Compre termos en conta:
ü  Os tempos requiridos.
ü  O número de mostras recollidas.
ü  O número de criterios de avaliación.

Cando hai que avaliar? As avaliacións poden ser...

Ø  Iniciais: Ao principio da aprendizaxe.
Ø  Formativas: Durante a aprendizaxe.
Ø  Sumativas: Despois da aprendizaxe.


Para avaliar a comprensión oral, hai que ter en conta varios criterios, como son o contido, a lingua, a comunicación non verbal ou a entoación, entre outros, polo que se soen usar listas de control. Unha lista de control consta de 10 pasos para a súa elaboración:

1.       Elaborar unha lista de criterios/puntos de control.
2.       Organizar/agrupar os criterios escollidos.
3.       Definir unha categoría para cada grupo de criterios.
4.       Establecer a orde das categorías.
5.       Presentarlle ao alumnado os puntos de control.
6.       Revisar a lista a partir das observacións do alumnado.
7.       Establecer o formato da lista de control.
8.       Verificar que non haxa erros na versión final.
9.       Aplicar a lista.
10.   Revisar periodicamente a pertinencia da lista.

Para avaliar a comprensión escrita, as ferramentas son as mesmas, pero téñense en conta a produción e interacción dos seguintes criterios:

Ø  Adecuación da produción á situación requirida.
Ø  Claridade, coherencia e lóxica no contido.
Ø  Gramática.
Ø  Vocabulario.
Ø  Ortografía.
Ø  Presentación.

Para concluír, segundo a miña opinión, non hai mellores tipos de avaliación que outros, simplemente son distintos e haberá que utilizalos segundo nos conveñan en cada momento.
Esta sesión pareceume moi útil e importante para o meu futuro profesional, xa que é un tema fundamental do cal non che soen falar na carreira. Pareceume importante a diferencia entre corrección, avaliación e cualificación, que moitas veces se confunden e parecen sinónimos pero non o son.


Tamén me pareceu moi importante o punto de proporcionarlles feedback ao alumnado, xa que teñen dereito a saber cales son os criterios de avaliación da materia e traballar segundo eles, cousa que moitas veces se lles esquece ao profesorado en xeral.

sábado, 28 de enero de 2017

Sesión Didáctica 18/01/2017, Carlos Valcárcel

Cuarta sesión co profesor Carlos Valcárcel, onde nos presentou o CALL (Computer Asisted Language Learning) ou a aprendizaxe de lingua por ordenador. Isto pode parecer que sea mediante un deses cursos que a miúdo se ofertan online, pero, se darnos de conta, as persoas usamos moitos servizos, páxinas e aplicacións para aprender idiomas.

Resultado de imagen de CALL e-learning

Para comezar, fixemos unha acividade de brainstorm sobre CALL e qué sabíamos del. No meu caso persoal, sonábame o nome, pero pouca era a información que tiña.

Na actividade tíñamos que contestar as seguintes preguntas en parellas:


1.       Que sei?
Didáctica que usa a tecnoloxía como facilitadora da aprendizaxe.
Complementase co método de docencia tradicional.
Dirixida, especialmente, a alumnos nativos dixitais.
É moi útil para practicar algunhas destrezas.

2.       Que uso?
Duolingo.
Dicionarios electrónicos.
MOOC’s y WebQuest’s.
Lyrics training.

3.       Que quero saber?
Ferramentas (Padlet, Audacity, Lyrics Training) e materiais.
Como sacarlle o máximo rendemento.
Se é útil ou non (Estudos, enquisas...).

Desta actividade, a parte da información que acabo de incluír, aprendín dous datos moi curiosos que non sabía.

1.       O PowerPoint ten 25 anos. Non é nova tecnoloxía!
2.       Non son nativa dixital (digital native)!!! Considéranse as persoas que nacen na segunda metade dos 90.

Tipos de aprendizaxe segundo CALL:

o   Aprendizaxe ubicua: Producir contidos en calquera sitio, a calquera hora e en calquera momento. Interacción profesorado-alumnado.
o   Aprendizaxe activa: Interaccionar co alumno. O seu papel é activo (clicando na rede, falando, editando vídeos...).
o   Comunicación multimodal: A comunicación é multimodal e o alumno tamén prepara contidos.
o   Feedback resursiva: A comunicación xa non é oral, senon que é recursiva, pódese introducir unha serie de técnicas (corrixir en foros, comentarios en redes sociais, chats...) para avaliar o que dí o alumno.
o   Aprendizaxe colaborativa: Comunidades de aprendizaxe e práctica en liña, sen ter que estar presentes todas xuntas.
o   Metacognición: Permítenos reflexionar mellor sobre a linguaxe, xa que se grava en audio e vídeo todo. Pódese avaliar o gravado e reflexionar.
o   Aprendizaxe diferenciada/personalizada: Podemos avaliar e reorientar as actividades segundo o nivel do alumnado, dependendo de como sexa a súa evolución.

Tempos de aprendizaxe:

·         Aprendizaxe sincrónica: Todos xuntos ao mesmo tempo. (Kahoot)
·         Aprendizaxe asíncrona: Aprendizaxe por separado, aínda que os contidos sexan os mesmos. (Exercicio Faitic).


Modalidades:

·         Full e-learning: Pode ser síncrono ou asíncrono ou unha combinación de ambas.
Actividade: Audios, tests, lecturas, etc.
·         Blended learning (Aprendizaxe mixta/entrecruzado): combina e-learning e presencial, pero é mito máis.*
Actividade: Flip-classroom (aula invertida), falar, escribir, etc.

Aprendentes:

·         One-to-one: A traves de blog por exemplo, presentarnos e vendernos, coma as tendan que ensinan as súas aposibilidades.
·         Pequenos grupos: videoconferencias compartindo arquivos. 10 persoas aprox.
·         Grandes grupos (MOOC’s): Learning Managment System. Necesitamos unha plataforma potente que soporte moitas conexións
·         Comunidade de aprendizaxe: Incluso grupos de Facebook, para compartir arquivos que entrarán no exame e demáis.
·         Comunidade de práctica: Comunidades con regulacións distintas pero xente de distintos niveis.

Ambientes:

·         LMS: Moddle, Blackboard, Faitic, Edmodo.
·         Blogs: Blogs de aprendizaxe, blog de aula (resumes, fotos, contidos...) .
·  Redes Sociais (10 anos aprox.) - Foros: Dende 2010 incrementáronse brutalmente. Principal desvantaxe: Non están pensadas coma LMS. A máis común: Facebook. Tamén se pode usar Twitter, aunque ten a desvantaxe de que non podes crear grupos fechados.
·   Ambientes colaborativas: Wikis, muros (realtimeboard, mural.ly, lino.it), presentacións (presentacións de Google, prezi).

Esta, para min, sería a primeira parte da sesión, pero na última parte tratamos un tema que me inspirou para o meu TFM: O uso de redes sociais como medio educativo. Paréceme xenial!
De todos é ben sabido que as redes sociais poden ser moi beneficiosas ou perigosas segundo o uso que fagamos delas. Antes de que o profesor nos ensinase as súas utilidades, non vía clara a idea, pero unha vez que tiven a oportunidade de coñecer o funcionamento e as vantaxes a través de casos reais... Encantoume a idea! Tanto, que quero poñela en práctica!

Traballar mediante redes sociais coma Fb ten moitos puntos positivos, xa que sempre que falemos de novas tecnoloxías e redes sociais vai atraer moito máis ao alumnado que se traballan de maneira tradicional: con papel e lapis. Ademais, o feito de que poidas crear grupos pechados non invade a túa privacidade e non estás accesible a ninguén alleo ao grupo.

Imagen relacionada                                 Resultado de imagen de facebook

Tamén penso que é moi positivo o feito de subir un texto xunto cunha foto ou vídeo e poder facer comentarios e citar a compañeiros e que o docente vexa que a actividade ou pregunta está contestada dentro do tempo que deu. Por outra banda, tamén é moi positivo o feito de que se reciban notificacións no móbil. Deste xeito, o alumnado non poderá por a escusa  de que non se enterou de que había deberes’. Fíxome moita gracia a frase do profesor: “Non te enteraches? Entón que tiraches co móbil ao rio?”.

Por último, tamén é importante recalcar que o alumnado cumpra certos requisitos: O principal, que sexan maiores de idade e que a lingua que se utilice sexa a estranxeira.

Para concluír, penso que o feito de introducir as redes sociais como medio de aprendizaxe ten moitísimo potencial e, persoalmente, se algún día teño a posibilidade de usalas, penso facelo para probar o seu funcionamento. No caso de que non puidese ser Facebook, usaría algunha similar estilo, como por exemplo, Edmodo.

Unha clase moi interesante!

miércoles, 25 de enero de 2017

Sesión Didáctica 16/01/2017, Carlos Valcárcel

Terceira sesión co profesor Carlos Valcárcel, onde estivemos tratando un tipo de aprendizaxe que está moi de moda nos centros do noso arredor: A AprendizaxeBaseada en Tarefas (ABT) ou enfoque por tarefas. Este tipo de aprendizaxe está sendo moi demandado sobre todo para a ensinanza de idiomas, xa que, como ben define Rod Ellis, implica o uso da linguaxe en situacións reais onde se pode usar e practicar calquera das catro destrezas fundamentais.


Imagen relacionada

Sendo así, podemos apreciar que é moi útil na ensinanza de idiomas, pero tal e como nos contaba a profesora Ana Fontenla na súa sesión, hai tal ‘boom’ no seu instituto que a aprendizaxe por tarefas está a ser aplicada a todas ou case todas as materias. Incluso máis, contounos unha anécdota dun rapaz que fixo as prácticas con ela e estaba a traballar de auxiliar de conversa en Alemaña. No centro no que traballa, aplicábanlle a todas as materias a metodoloxía da aprendizaxe por tarefas ca temática de ‘Xogo de Tronos’. Pero a miña pregunta é, como se ensina matemáticas por tarefas?

Penso que o éxito deste tipo de aprendizaxe radica no tipo de actividades, xa que o ser actividades reais que poden levar a cabo na súa vida diaria e nas que eles se  sintan protagonistas, poden resultarlle máis interesantes que unha actividade na que non se vexan envoltos directamente. Ademais, é fundamental a destreza da oralidade, que pouco se practica normalmente nas aulas e que nesta metodoloxía é primordial, xa que o alumno se ten que desenvolver coma se fose un cidadá. O fin é conseguir que practiquen as catro destrezas fundamentais na tarefa final da que varía o prazo segundo o tipo de tarefa que sexa.

Un exemplo de aprendizaxe por tarefas común é organizar unha viaxe. Así os alumnos deberán preparar en distintas sesións distintas cousas que son necesarias para a realización da viaxe: Decidir destino, comprar os billetes, informarse da situación do país, moeda, etc.

Outro aspecto fundamental, a parte da intención e o proceso, é a finalidade. Toda tarefa ten que ter unha finalidade e un resultado no que o aprendente use a oralidade e a escritura e sobre o que o estudante reflexione: Traballei ben? Incluín todo o necesario? Quédame algo por aprender?

Relacionado ca ABT, saíu un concepto que me pareceu moi interesante: ‘Aprendizaxe periférica’, que é o tipo de aprendizaxe na que o alumno aprende vendo como fan os demais alumnos da comunidade de aprendizaxe: Aulas, blogs, etc. É un termo que descoñecía e que me resultou moi interesante.

Ao longo da sesión, tamén tivemos que crear unha tarefa que resultase atractiva para que realizasen os alumnos. O meu grupo, composto por Dayna, Patricia, Alba, Itziar, María e máis eu, propuxo que a tarefa consistise na elaboración dunha receita dun biscoito para alumnos de 2º ESO cun nivel A2. A finalidade sería intercambiar a receita con alumnos ingleses que conseguisen levar a cabo o postre (do cal nos mandarían unha fotografía) e nos mandasen outra receita para realizar nos.

Dese xeito, traballarían con vocabulario e estruturas, vistas previamente en clase, onde terían que usar vocabulario relacionado con alimentos e obxectos da cociña, o imperativo e unidades de medida. Ademais, levarían a cabo os procesos cognitivos de comparar, buscar, planificar, deseñar e revisar ben a receita, para demostrar que o homónimo estranxeiro conseguiu entender as explicacións. En canto as competencias, pensamos que usaría gran parte delas, coma a lingüística, matemática, cívica-social, cultural e dixital.


A segunda actividade consistiu en analizar secuencias de situacións reais, para a que tamén traballamos por grupos. Ao noso grupo tocoulle unha actividade que estaba redactada e que era un tanto confusa e complicada para os alumnos, debido ao pouco tempo que tiñan para a realización das actividades.

Por último, concluímos a clase tratando a Resposta Física Total, coñecida en inglés como Total Physical Response (TPR). Este enfoque, do que xa falaramos na materia de ‘As Linguas estranxeiras no Contexto Español e Internacional, considera que a memoria se activa co movemento dos alumnos, polo que estes están movéndose e facendo xestos continuamente. Un xogo moi característico é o ‘Simon says’ ou ‘Simón dice...’. O enfoque tamén é coñecido como método Asher e tivo unha grande acollida nos EEUU na década dos 70.

Como reflexión final, gustoume o enfoque da aprendizaxe por tarefas, xa que considero que é unha boa ferramenta de traballo con adolescentes polos motivos que expuxen ao longo do post e tamén me serviu para diferenciar entre tarefa e proxecto, aos que soia confundir. Aínda así, penso que moitos profesores non o utilizan debido á grande carga de traballo e supervisión que supón para eles. Ademais, dada a alta competitividade dos adolescentes, penso que a idea da tarefa final é un aliciente imprescindible para eles, xa que non só se esforzarán por aprobar, senón que tamén competirán por facelo mellor que os compañeiros, polo que engadimos un plus en motivación.

Por outra banda, con respecto a TPR, non o vexo moi útil con adolescentes, senón máis ben todo o contrario. Penso que é unha maneira de traballo a que podería recurrir de vez en cando para practicar certos aspectos de vocabulario, pero non como enfoque único.

lunes, 23 de enero de 2017

Sesión Didáctica 11/01/2017, Carlos Valcárcel

Segunda e interesante sesión co profesor Carlos Valcárcel sobre os tipos de didáctica segundo as distintas linguas e as metodoloxías. Queredes saber cal é a diferenza?? Continuade lendo!
Esta segunda sesión veu cargada de termos e siglas moi interesantes que procederemos a repasar a continuación, pero antes de falar deles, gustaríame empezar cunha aclaración moi importante da que falamos en clase.
Moitas veces, o alumnado tende a confundir didáctica (parte da pedagoxía que estuda técnicas e métodos de ensinanza) con metodoloxía (conxunto de métodos que se usan para acadar os obxectivos da materia). É moi importante recalcar que para cada didáctica se poden atopar distintas metodoloxías, como pasaremos a ver a continuación.

Tipos de didáctica segundo a lingua (en inglés, francés e alemán):

1.       Didáctica da lingua inicial
EMT: English Mother Tongue.
FLM: Français Langue Matternelle.
DaM: Deutsch als Muttersprache.

2.       Didáctica da lingua segunda
ESL: English as a Second Language.
FLS: Français Langue Seconde.
DaZ: Deutsch als Zweitsprache.

3.       Didáctica da lingua estranxeira
EFL: English as a Foreign Language.
FLE: Français Langue Étrangère.
DaF: Deutsch als Fremdsprache.

Metodoloxías:

1.       AICLE (Adquisición Integrada de Contido e Linguas Estranxeiras) ou, en inglés, CLIL (Content and Language Integrated Learning): Metodoloxía que consiste en impartir calquer materia que non sexa de lingua (plástica, educación física, coñecemento do medio...) nunha lingua estranxeira. Non debe confundirse ca metodoloxía EMI (English as a Medium of Instruction), da que falamos noutro post neste blog.
É importante aclarar, tal e como mencionamos en clase, que non é o mesmo ser profesor de inglés que ser profesor en inglés. Isto quere dicir que, aínda que sexamos docentes de inglés, non temos por que estar capacitados para dar outra materia nesa lingua. O ideal é que nos coordinemos co profesor desa materia para axudarnos.

2.       Aprendizaxe precoz das linguas estranxeiras: Metodoloxía pola que se ensina a lingua estranxeira a cativos en educación infantil e primaria. Recibe este nome xa que, como sabemos, no resto de países europeos non se imparten linguas estranxeiras antes dos 11 anos.
YLE: English for Young Learners.

3.       Linguas estranxeiras para fins específicos: Soe impartirse nos Centros de Linguas ou en Formacións Profesionais xa que se ensina terminoloxía e vocabulario específico.
ESP: English for Specific Purposes.

4.       Linguas estranxeiras para seniors: Tal e como indica o seu nome, esta metodoloxía usase no ensino de linguas estranxeiras a maiores de 55 anos. Cada vez son máis os seniors que se lazan a aprender unha lingua estranxeira, xa que é unha das actividades que máis se recomendan para traballar a memoria.

Despois de ver estes conceptos, pasamos a facer un exercicio práctico onde tiñamos que elixir que tipo de didáctica aplicaríamos en cada unha das seguintes situacións:
-          EOI
-          Asociación de Mulleres Viúvas
-          Ciclo Superior de Axente de Viaxes
-          Materia de Ciencias de 4º ESO
-          Aula de 1º primaria
-          UNED
-          País africano de lingua oficial inglesa
-          Escola Británica en Madrid do Ministerio de Asuntos Exteriores dese país.

Este último exemplo foi o que nos tocou a miña compañeira Patri e a min. Neste contexto, o tipo de didáctica que teríamos que aplicar é a didáctica da lingua inicial, xa que estaríamos ensinando inglés a uns nenos que son británicos a pesar de que a escola estea ubicada en Madrid.

A pesar de habelos visto en clase, atrevédesvos a resolver os demais exemplos? Espero as vosas respostas!!

Como resultado do exercicio, podemos extraer que hai distintos tipos de didácticas segundo sexa a situación, polo que os docentes nos temos que implicar de maneira constante e diaria na procura de materiais e contidos útiles para o noso alumnado.

A continuación, seguimos a sesión expoñendo un novo tema: ‘Os factores na situación do ensino das linguas estranxeiras’. Para isto, comezamos facendo unha actividade piramidal coma a da outra sesión na que, a partir de grupos de tres, tíñamos que decidir cales eran eses factores.

A proposta do meu equipo non foi moi distinta a que acordamos finalmente en conxunto, deixando ver que os factores máis importantes son:

1.       As características do alumnado (idade, nivel, NNEE*, lingua inicial, etc.)
2.       Características do centro (si é publico ou privado, relixioso ou non, o equipamento e materiais dos que dispoñemos, etc.)
3.       Obxectivos do alumnado.

*Gustaríame recalcar unha aclaración que nos fixo o profesor en clase, xa que é un erro que cometo cando  falo. Normalmente suelo dicir alumnado con dificultades especiais, pero é máis correcto dicir alumnado con necesidades especiais (NNEE), xa que deste xeito incluímos a todo o estudantado: alumnos/as con algún tipo de discapacidade, con altas/baixas capacidades, nenos que teñen a lingua estranxeira como lingua ambiental, etc.

No último bloque de clase, estivemos falando das fases e etapas da aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Este é un tema fundamental coma futuros docentes, xa que non é o mesmo ser profesores de nenos que de adolescentes. Deste tema xa falaramos na materia de psicoloxía, onde analizamos os cambios que sofren os adolescentes tanto a nivel físico coma intelectual, social e de personalidade.


Resultado de imagen de etapas aprendizaje

As conclusións as que chegamos foron, por unha banda, que os rapaces aprenden mellor ata os 7-8 anos, xa que aprenden léxico e morfoloxía e son capaces de discriminar sons. A partir desa idade, comeza un período crítico, onde o cerebro sofre unha transformación e vanse perdendo unhas capacidades pero gánanse outras, coma a capacidade analítica. A partir desa idade a lingua inicial é o filtro polo que pasa toda a aprendizaxe da lingua estranxeira. Canto maior é o alumnado, mais gramática necesita para aprender.

Por último, fixemos unha actividade na que tiñamos que escribir unha frase incorrecta en lingua estranxeira, e o noso compañeiro/a tiña que corrixila. De ahí tamén extrouxemos conclusións moi interesantes, coma que non podes facer tachóns encima do erro senon que é mellor subliñar o que está mal ou que o vermello non é a mellor cor para correxir, senon que podemos facer un código de cores co alumnado para usar unha ou outra cor segundo sexa o erro.

Penso que estas clases están sendo moi útiles, xa que, unha vez máis, sinto que estou aprendendo moitas cousas que me axudarán a ser unha boa profesora.


Gracias por ler. Invítovos a deixar os vosos comentarios e opinións!