Ola blogueiros e blogueiras,
No apartado anterior, para os que
tivésedes un oco para léelo, falamos sobre o Marco Común Europeo de Referencia
para as Linguas (MCERL), explicando que era, cales eran os seus obxectivos e prioridades
da política lingüística europea e os distintos niveis e categorías.
Neste post, continuando co tema, centrarémonos no ensino de linguas no
noso modelo educativo actual, que está rexido pola lei orgánica coñecida como
LOMCE, da que comezaremos falando.
A LOMCE, Lei Orgánica 8/2013
do 9 de decembro para a Mellora da Calidade Educativa, é a lei que modifica a Lei
Orgánica 2/2006 do 3 de maio; a LOE.
Esta polémica e controvertida lei foi
presentada polo ministro popular de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio
Wert, polo que tamén é coñecida como ‘lei Wert’, para conlevar a unha mellora das
condicións para que o alumnado alcance un desenvolvemento persoal e profesional
nun entorno de igualdade de oportunidades, para igualar o noso sistema
educativo ao sistema educativo internacional ou abordar os principais problemas
do sistema educativo español. A pesar de que supostamente, supón unha mellora
que resolve os problemas da LOE, non contou co apoio dos demais grupos
parlamentarios.
Entre os seus puntos máis
críticos están as reválidas, as probas finais de ESO e Bacharelato, a
materia de relixión, que é de oferta obrigatoria e avaliable e ten o mesmo
peso ca outras ou a das linguas cooficiais, onde se reforza a idea de
estudar en español, a lingua oficial do Estado, relegando as cooficiais a un
segundo plano.
Se leemos o preámbulo da LOMCE,
no punto XII, onde se trata o tema da ensinanza e aprendizaxe das linguas
estranxeiras, atopamos que a norma fai unha defensa do plurilingüísimo:
“El dominio de una segunda
o, incluso, una tercera lengua extranjeras se ha convertido en una prioridad en
la educación como consecuencia del proceso de globalización en que vivimos, a
la vez que se muestra como una de las principales carencias de nuestro sistema
educativo. La Unión Europea fija el fomento del plurilingüismo como un objetivo
irrenunciable para la construcción de un proyecto europeo. La Ley apoya
decididamente el plurilingüismo, redoblando los esfuerzos para conseguir que
los estudiantes se desenvuelvan con fluidez al menos en una primera lengua
extranjera, cuyo nivel de comprensión oral y lectora y de expresión oral y
escrita resulta decisivo para favorecer la empleabilidad y las ambiciones
profesionales, y por ello apuesta decididamente por la incorporación curricular
de una segunda lengua extranjera.”
Sen que sirva de precedente, estou completamente de acordo
coa norma da LOMCE, xa que ao igual que o fan os demais países da Unión
Europea, fomenta o plurilingüísimo, fundamental na sociedade globalizada na que
vivimos.
Sen embargo, penso que ese non é o único problema no
sistema educativo do noso país. Como todos ben sabemos, a ensinanza de idiomas
en España non ten éxito, estando na cola con respecto aos países europeos
veciños a pesar de sermos o único país que implanta a materia de inglés dende a
educación infantil. O problema fundamental é que a organización está mal estruturada,
xa que repite contidos e patróns ao longo dos anos e deixa atrás unha das
destrezas fundamentais que mencionamos antes: a competencia da fala.
Polo tanto, a pesar de que a reforma apoie o estudo de
unha ou máis linguas estranxeiras, penso que se o ensino-aprendizaxe da mesma
non é de calidade, é inútil fomentalo. Ademais do plurilingüísimo, hai que
promover o ensino de calidade e non cantidade, xa que como ben sabemos, a
ensinanza dun idioma ten coma obxectivo desenvolverse de forma autónoma nesa
lingua, e si eliminamos un dos aspectos imprescindibles, coma e a competencia
da fala, o ensino-aprendizaxe do idioma falla por completo.
Por outra banda, ademais de analizar o noso sistema
educativo, do cal vemos que hai un problema evidente, e facer unha reflexión
sobre os resultados tan negativos, tamén debemos ter en conta outros factores, coma
a innovación na docencia, os contidos a avaliar ou factores externos coma o
contexto persoal, social ou familiar do alumnado, ademais da idade, cultura,
orixe e intereses. Non todos os alumnos e alumnas teñen as mesmas capacidades e
destrezas, pero tanto nos centros coma nas escolas oficiais se avalían certos
contidos xerais que deberíamos adaptar para que realmente o ensino sexa para
todos.
Deste xeito, si modernizamos o sistema educativo, os
obxectivos perseguidos pola Unión Europea para o ano 2020 supoñen unha mellora
para o mesmo en canto o estudo dunha lingua, introducindo unha serie de
medidas, estratexias e proxectos que mellorarán a educación aumentando as
posibilidades dos nosos estudantes.
Gracias por ler!
No hay comentarios:
Publicar un comentario