Hoxe veño a traervos unha reflexión moi interesante que fixen da materia de
didáctica, trala clase coa última profesora que nos quedaba por coñecer... Ana
Fontenla! Pero, como ben di o refrán, os últimos serán os primeiros, xa que estou
abraiada con esta profesora.
Cando coñecemos a Luz Valencia, penso que tanto os meus compañeiros mais eu
desexamos ter unha profesora coma ela no instituto: Alguén que nos transmitise
esa paixón, tanto pola ensinanza coma polos idiomas. Ademais, o seu punto de
vista como docente dun instituto, foi inmellorable... Ata que coñecemos a Ana!
Cando a clase comezou, cun xogo de warm-up,
entendín as palabras de Luz: “Ana e mais eu somos dúas caras da mesma moeda”.
Ao igual que dixen con Luz, a clase non foi para nada o que me esperaba,
senón que máis ben foi todo o contrario. Xa votaba de menos sesións onde escoitase
falar en inglés! Ademais, as sesións son tan amenas e sinto que estou aprendendo
tanto que non teño ganas de que a clase acabe. Máis ben estou desexando saber
con que cousa nos sorprenderán na seguinte sesión.
Desta, podemos sacar reflexións moi importante para nos como futuros
profes. Unha delas que nos recalcaron, tanto Ana coma Luz na sesión anterior, é
que todo ten que ter un propósito. Non hai que facer un exercicio porque si, senón
que ten que ter un motivo, ten que estar relacionado con un tema, ten que
ensinarlles algo os alumnos, motivalos. Unha cousa que me gustou moito que nos
dixo Ana, relacionado con este tema é que haberá moitos exercicios que saian
fatal e pensemos ‘vaia churro’, e outros que pensábamos que non funcionarían e
sexan xeniais, pero iso non ten que desanimarnos. O importante é que teñan un
motivo, e si sae mal, haberá que seguir probando.
Outra cousa fundamental é saber o nome dos alumnos e facer que todos
participen (en inglés) aínda que sexa cunha frase cada un. Temos que facelos
falar, e que eles sexan o centro de todas as actividades. Así conseguiríamos
facer a clase ideal de ensinanza de idiomas, onde o docente sexa máis un
espectador colaborador que o que imparte a clase. Como dixo Ana: ‘hai que
buscar a excelencia con eles’. Para aprender os nomes e algo dos alumnos, a
profesora ensinounos varios xogos e estratexias para o primeiro día de clase.
Pero a pesar de todo os temas que tratamos relacionados coa expresión oral,
o que máis me gustaron foron as actividades, xogos e estratexias que nos ensinou!
Estou desexando poñelas todas en prácticas, tanto co meu alumnado de clases particulares
coma cos meus futuros alumnos e alumnas. Todos os xogos, por moi sinxelos que
parezan, son moi útiles e poden ser perfectamente adaptables a calquera nivel. Esta
foi outra idea fundamental da clase. O importante non e o input, senón o output.
Sobre as actividades, podería falar de todas porque me parecen xeniais e
marabillosas, pero gustaríame destacar a cantidade de actividades que nos
ensinou como bellwork, que son
actividades curtas para facer nos últimos 5 minutos de clase, ou a grande
explotación que se pode facer das cancións. Como alumna de instituto e incluso
universidade, non estamos falando de hai tantos anos, nunca xamais vin sacarlle
tanto partido as cancións. É máis, cando as utilizabamos, simplemente era a
modo de listening para completar cas
palabras que íamos oíndo, pero Ana deunos tantas boas ideas que podemos
utilizar que quedei impresionada: Ordenar as liñas da estrofa, completar as
palabras coa letra que falta, facer un dictado cun parágrafo, atopar o erro,
incluso facer un hangman co título da
canción! Non vos parece xenial?
Son cousas que, por moi sinxelas que pareza, son moi útiles para traballar
con adolescentes e, ademais de que o pasan ben, están aprendendo sen decatarse.
Iso sí, unha clave que nos deu é que non podemos darlles todo o vocabulario, xa
que son moi cómodos. Teñen que aprender a buscar.
Relacionado con este punto, gustaríame engadir unha opinión a cal me enfada
moito con un exemplo que nos deu Ana. Os profesores non temos por que sabelo
todo! Isto exemplificouno dunha maneira moi clara ca palabra ‘nevasca’. Ninguén
da clase dixo que significaba, aínda que probablemente algún/algunha
compañeiro/a si o soubera. Este é un claro exemplo de que, ainda sendo nativos
dunha lingua, non temos por que coñecer todo o vocabulario desa lingua, e iso é
unha cousa que me molesta moito ao falar dunha lingua estranxeira. Hai pouco saíu
unha palabra, non recordo cal pero non era unha palabra común, nunha
conversación. A rapaza en cuestión preguntábame que significaba e, a verdade,
non o sabía. Cando lle dixen que non o sabía, a súa resposta foi: “Entón,
estudiaches inglés e non sabes que significa isto?”. Sentín tanto desprecio e
tanta falta de respecto pola súa parte. Lamentablemente, este é algún dos
tópicos que sufrimos os profesores e futuros profesores de idiomas. A xente pensa
que somos ‘malos no noso’ si non sabemos o significado ou como se di unha
palabra na lingua estranxeira que aprendemos. Outra cousa é o de ‘ser nativo ou
non’. Este verán, estiven enviando CVs e mails para academias da localidade onde
vivo e arredores. A verdade e que algunhas nin sequera me contestaron, pero
unha que o fixo respondeume literalmente que “non daba o perfil, xa que solo
querían profesores nativos. Era o requisito indispensable para traballar alí”.
E digo eu, unha persoa española sen posibilidades para estudiar, con un nivel
educativo e cultural baixo, por un exemplo, podería traballar nunha academia de
ensino de español polo simple feito de ser nativa española? Penso que ese non
debería ser ‘un requisito indispensable’, senón que deberíamos fixarnos en máis
cousas. Este é outro grande tópico que me molesta da xente, como cando che din:
“Estudias para profesora, claro, traballan solo polas mañás e teñen 3 meses de vacacións...”.
Ana díxonos en clase unha frase que é a miña frase de cabeceira: “Si buscas resultados distintos, no hagas
siempre lo mismo”. Albert Einstein. Concordo totalmente. Precisamente por
iso quero ser profesora, que aportar o meu gran para cambiar a educación, quero
romper tópicos, transmitir ao alumnado, que non veñan a clase sentindo que só é
unha clase de gramática, senón traballar sobre un tema. Estas clases son o exemplo de que si é posible.
Como dicía na entrada de Luz Valencia, a pesar do temor a facelo mal, estou
desexando que empecen as prácticas para poñer en práctica todo o que estou
aprendendo, e poder transmitirlles ao alumnado algo desa ilusión, paixón e
saber que nos transmiten. Ata a seguinte sesión!
Gracias por ler! Espero os vosos comentarios e opinións!!
Al igual que tú, yo también echaba de menos las sesiones en inglés, espero que sigan siendo así.
ResponderEliminarAdemás, tal y como indicas, yo también he sentido que alguna vez han puesto en duda mis conocimientos por no saber lo que significa esta palabra o aquella; yo tengo por costumbre decir que "no soy un diccionario", no sé si queda "elegante" pero parece que por haber hecho una carrera de letras tienes que saberlo todo.
Totalmente de acuerdo! me molestan muchísimo los tópicos de los de letras: Que si nuestra carrera es más fácil, que si estudiamos inglés y no sabemos vocabulario... Yo no creo que no sea elegante, más bien lo contrario, es la verdad, no somos un diccionario!Gracias por comentar Itziar! :)
ResponderEliminarMuchísimas gracias por tus frases de agradecimiento hacia nosotras. Es realmente gratificante ver que hemos conseguido transmitir esa ilusión, entusiasmo e paixón de las que hablas. Vais a ser unas muy buenas profesionales.
ResponderEliminar