Mostrando entradas con la etiqueta EduardoVarela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EduardoVarela. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de enero de 2017

Tema 3.- Como usar os libros de texto para a ensinanza de linguas.

Boas lectores,
Hoxe deixareivos os meus comentarios sobre o terceiro tema da materia, que se centrou na preparación da clase por parte do docente.
Ben é sabido que para impartir unha clase, tanto de linguas estranxeiras coma de calquera outra materia, é necesario ter ben preparada a clase para sacar o maior rendemento do alumnado, xa que doutro xeito os estudantes perderíanse, non estarían atentos e perderíase un tempo moi valioso.
Centrándonos na ensinanza da materia de inglés ou doutra lingua estranxeira, o que se pode apreciar, tal e como comentamos en clase pola nosa experiencia persoal, é que os profesores tenden a seguir o libro de texto. Este é o material co que se traballa regularmente. Ademais disto, tamén contamos con un caderno de actividades, ao que recorremos tras haber dado a explicación correspondente, para que os alumnos realicen os exercicios do tema que, na maioría de ocasións, son insuficientes para a aprendizaxe.

Resultado de imagen de libros texto cartoon
Para ver si esta tradición de seguir as clases polo libro de texto afecta ou non negativamente ao alumnado, primeiro, analizamos uns libros de distintas editoriais, vendo os pros e contras de cada un coma se fósemos novos docentes dun centro ao que vimos facer unha substitución e ao que lle dan o libro de texto que se segue na materia. Desta análise sacamos conclusións moi interesantes de posibles e futuras melloras para facilitárlle-la vida ao noso alumnado.
Ademais, nas sucesivas sesións, os compañeiros de clase fixeron estudos e análises sobre libros de texto propios para ver as vantaxes e desvantaxes que ofrecían en canto a organización do libro, contidos, os distintos temas, etc.
Outro punto que tamén comprobamos é no que todos concordamos é o pouco tempo que se lle dedica a competencia oral. Como comentabamos no tema anterior, a fala é unha destreza que non se practica nas aulas, a pesar de que é moi necesaria, e queda patente nos libros, onde pouca importancia se lle da ao speaking.
Isto débese a que nos preparan para a selectividade, onde a proba oral non é necesaria e por tanto se relega a un segundo plano, sumándolle importancia a outras coma a gramática.
Gustaríame rematar recalcando que, como futura docente, gustaríame corrixir este erro e promover e fomentar a importancia da destreza oral no ensino de idiomas, xa que a teoría sen a práctica non é nada. Este é un dos puntos que falla no noso sistema educativo e co que me gustaría contribuír aportando o meu de area para que cambie, xa que eu, como estudante, o tiven que sufrir. Por iso, como docentes, é moi importante seguir aprendendo e innovando, para tentar cambiar o sistema e axudar as futuras xeracións a acadar os seus obxectivos.

O traballo na aula seguido unicamente polo libro de texto é insuficiente. A combinación entre o libro de texto e outras ferramentas (programas, vídeos, aplicacións...) pode ter moitos beneficios para o alumnado. Ademais, o profesor debe marcar uns obxectivos claros e ben definidos e ver que se van conseguindo ao longo do curso, de maneira que tamén sirvan de motivación para que o alumnado teña ganas de alcanzalos.

Resultado de imagen de english speaking

Tema 2.- O ensino de linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico.

Ola blogueiros e blogueiras,

No apartado anterior, para os que tivésedes un oco para léelo, falamos sobre o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL), explicando que era, cales eran os seus obxectivos e prioridades da política lingüística europea e os distintos niveis e categorías.

Neste post, continuando co tema, centrarémonos no ensino de linguas no noso modelo educativo actual, que está rexido pola lei orgánica coñecida como LOMCE, da que comezaremos falando.

A LOMCE, Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro para a Mellora da Calidade Educativa, é a lei que modifica a Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio; a LOE.
                                  Resultado de imagen de lomce


Esta polémica e controvertida lei foi presentada polo ministro popular de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, polo que tamén é coñecida como ‘lei Wert’, para conlevar a unha mellora das condicións para que o alumnado alcance un desenvolvemento persoal e profesional nun entorno de igualdade de oportunidades, para igualar o noso sistema educativo ao sistema educativo internacional ou abordar os principais problemas do sistema educativo español. A pesar de que supostamente, supón unha mellora que resolve os problemas da LOE, non contou co apoio dos demais grupos parlamentarios.


Entre os seus puntos máis críticos están as reválidas, as probas finais de ESO e Bacharelato, a materia de relixión, que é de oferta obrigatoria e avaliable e ten o mesmo peso ca outras ou a das linguas cooficiais, onde se reforza a idea de estudar en español, a lingua oficial do Estado, relegando as cooficiais a un segundo plano.


Se leemos o preámbulo da LOMCE, no punto XII, onde se trata o tema da ensinanza e aprendizaxe das linguas estranxeiras, atopamos que a norma fai unha defensa do plurilingüísimo:


“El dominio de una segunda o, incluso, una tercera lengua extranjeras se ha convertido en una prioridad en la educación como consecuencia del proceso de globalización en que vivimos, a la vez que se muestra como una de las principales carencias de nuestro sistema educativo. La Unión Europea fija el fomento del plurilingüismo como un objetivo irrenunciable para la construcción de un proyecto europeo. La Ley apoya decididamente el plurilingüismo, redoblando los esfuerzos para conseguir que los estudiantes se desenvuelvan con fluidez al menos en una primera lengua extranjera, cuyo nivel de comprensión oral y lectora y de expresión oral y escrita resulta decisivo para favorecer la empleabilidad y las ambiciones profesionales, y por ello apuesta decididamente por la incorporación curricular de una segunda lengua extranjera.”

Sen que sirva de precedente, estou completamente de acordo coa norma da LOMCE, xa que ao igual que o fan os demais países da Unión Europea, fomenta o plurilingüísimo, fundamental na sociedade globalizada na que vivimos.

Sen embargo, penso que ese non é o único problema no sistema educativo do noso país. Como todos ben sabemos, a ensinanza de idiomas en España non ten éxito, estando na cola con respecto aos países europeos veciños a pesar de sermos o único país que implanta a materia de inglés dende a educación infantil. O problema fundamental é que a organización está mal estruturada, xa que repite contidos e patróns ao longo dos anos e deixa atrás unha das destrezas fundamentais que mencionamos antes: a competencia da fala.

Resultado de imagen de english speaking

Polo tanto, a pesar de que a reforma apoie o estudo de unha ou máis linguas estranxeiras, penso que se o ensino-aprendizaxe da mesma non é de calidade, é inútil fomentalo. Ademais do plurilingüísimo, hai que promover o ensino de calidade e non cantidade, xa que como ben sabemos, a ensinanza dun idioma ten coma obxectivo desenvolverse de forma autónoma nesa lingua, e si eliminamos un dos aspectos imprescindibles, coma e a competencia da fala, o ensino-aprendizaxe do idioma falla por completo.
Por outra banda, ademais de analizar o noso sistema educativo, do cal vemos que hai un problema evidente, e facer unha reflexión sobre os resultados tan negativos, tamén debemos ter en conta outros factores, coma a innovación na docencia, os contidos a avaliar ou factores externos coma o contexto persoal, social ou familiar do alumnado, ademais da idade, cultura, orixe e intereses. Non todos os alumnos e alumnas teñen as mesmas capacidades e destrezas, pero tanto nos centros coma nas escolas oficiais se avalían certos contidos xerais que deberíamos adaptar para que realmente o ensino sexa para todos.

Deste xeito, si modernizamos o sistema educativo, os obxectivos perseguidos pola Unión Europea para o ano 2020 supoñen unha mellora para o mesmo en canto o estudo dunha lingua, introducindo unha serie de medidas, estratexias e proxectos que mellorarán a educación aumentando as posibilidades dos nosos estudantes. 

Gracias por ler!

Tema 1.- O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea.

Ola lectores e lectoras,

Ata agora, puidestes ver que dediquen o meu blog a ensinarvos ferramentas, páxinas e aplicacións que fun descubrindo e que me parecen moi interesantes e útiles para o ensino.
A partir de agora as entradas estarán centradas no ensino das Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional, unha materia que atoparedes no Mestrado de Formación de Profesorado (Especialidade: Linguas Estranxeiras) da Universidade de Vigo. Deste xeito, as próximas entradas serán temas con explicacións vistas en clase e relacionadas co ensino de Linguas Estranxeiras. Espero que vos gusten e sexan do voso interese. Comezamos!

Como indica o título, neste tema falaremos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, coñecido pola abreviatura MCERL en español e CEFR en inglés, que é un estándar europeo que serve para medir o nivel de comprensión e expresión oral e escrita dunha lingua.

Tal e como comentábamos en clase, este estándar europeo é fundamental no contexto económico e social, xa que permite alcanzar a integración europea e o crecemento económico, facilitando a mobilidade e libre circulación entre os países da comunidade.
Para isto, o Marco Común Europeo de Referencia establece unha escala de seis niveis de referencia para a organización da aprendizaxe e a homologación dos distintos títulos acreditativos.



Como podedes ver na imaxe, existen tres bloques fundamentais clásicos: O nivel básico ou de principiante, o intermedio e o avanzado, correspondendo o A1 ao nivel máis baixo e o C2 ao nivel de aprendizaxe máis alto. A seguinte imaxe describe de maneira moi breve e clara que características ten o usuario de cada grupo.





Como comentábamos en clase, os niveis de lingua son o aspecto máis estudado, xa que os libros de texto e as certificacións académicas teñen que adaptarse os obxectivos e competencias, polo que o estudo dos niveis é fundamental.

Ademais dos niveis, o Marco Común Europeo de Referencia tamén delimita as capacidades e destrezas que os alumnos deben ter e controlar en cada un dos niveis. Así atopamos as seguintes categorías: Comprensión auditiva (listening), comprensión lectora (reading), fala (speaking) e escritura (writing).

A imaxe que veredes baixo estas liñas expresa as destrezas que debe ter o usuario de cada nivel en cada categoría, dende o nivel máis básico ao máis avanzado.




Antes de facer as últimas reflexións, considero que é importante mencionar o Portafolio Europeo de Linguas, un proxecto conxunto co MCERL, que se inscribe dentro da política lingüística europea, e que fomenta os mesmos obxectivos que o Marco:

ü  Protexer e desenvolver a herdanza cultural e a diversidade de Europa como fonte de enriquecemento.
ü  Facilita-la mobilidade dos cidadáns, así coma o intercambio de ideas.
ü  Desenvolver un enfoque da ensinanza de linguas baseado en principios comúns.
ü  Promove-lo plurilingüísimo.

Por último, gustaríame rematar expresando que, baixo o meu punto de vista, grazas a proxectos coma o MCERL ou o Portafolio Europeo de Linguas, facilitóuselle, sobre todo aos estudantes, a mobilidade arredor de Europa e o intercambio de ideas e experiencias.



Si desexades algunha información adicional, non dubidedes en consultar o Marco Común Europeo de Referencia paraas Linguas: Aprendizaxe, Ensinanza e Avaliación, onde aparecen todos os puntos claramente explicados. Ademais, tamén vos deixo un enlace á web CambridgeEnglish onde atoparedes un vídeo sobre o CEFR e un PDF con información adicional. Graciñas!