miércoles, 23 de noviembre de 2016

Presentación con Prezi

Na entrada de onte, subimos exemplos exercicios creados con Educaplay para alumnado do primeiro ciclo da ESO (primeiro e segundo), e hoxe vou subir unha presentación do que podería ser unha explicación dunha unidade, nunha sesión.
Contando que as sesións duran 50 minutos, poderíamos dividir as clases en 3 bloques:
Na primeira parte poderíamos explicar o presente simple e continuo. Cales son as suas formas e os seus usos.
A segunda parte podemos dedicala a facer un brainstorming dos animais que coñecen, xa que aprenderemos máis na seguinte sesión.
Por último, nos últimos minutos, a modo de repaso, pediremoslle que creen frases co vocabulario e a gramática que aprenderon. Se non dese tempo, pediríamoslle que o fixesen de deberes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario