Hoxe tivemos unha sesión moi importante de cara o noso futuro como
docentes, na que tratamos un tema fundamental: A avaliación (presencial ou non)
e o tratamento do erro.
Avaliar é corrixir e dar unha cualificación ou
non. Podemos avaliar e non cualificar numericamente, polo que non sempre que
corriximos estamos avaliando. As veces estamos dando feedback sobre os erros ou algo que podemos mellorar na expresión
do alumnado pero non contan para a avaliación. Por isto, é importante
diferenciar entre avaliar e corrixir.

Outro punto clave que tratamos foi a importancia
da corrección de erros, da que xa falaramos noutra sesión, e desatacamos unha
cousa fundamental: Hai que corrixir ben os erros a tempo, xa que se non se
traballa ben a corrección/o tratamento do erro, este pode chegar a fosilizarse
e despois será moi difícil de erradicar.
Antes de comezar ca explicación, fixemos unha
actividade piramidal sobre os erros máis comúns dos profesores de linguas
estranxeiras a hora de avaliar. Estas foron as nosas conclusións:
1.- O profesorado, ata chegar
a universidade, non nos facilitaron nin amosaron os criterios de avaliación,
polo que o alumnado non sabe que ten que facer para aprobar ou sacar unha nota superior.
2.- A gramática prima sobre
calquera outra competencia/destreza. No meu caso persoal, o listening non se avaliou ata niveles
superiores (bacharelato) e o speaking
non existiu como destreza ata a universidade.
3.- O profesorado corrixe
erros gramaticais no exame de comprensión que priman sobre a comprensión en si
mesma. Nun reading debería primar
máis ler o libro e o demostralo antes que saber redactar ben, xa que para iso
están outras destrezas.
4.- Falta total de feedback para o alumnado. Na maioría de
ocasións o docente non informa ao alumnado en que aspectos fallaron e que
aspectos teñen que mellorar.
Tras esta actividade de warm-up, comezamos a falar da avaliación. Déixovos os aspectos máis
importantes que tratamos.
Tres aspectos clave sobre a avaliación:
ü Tipos de avaliación:
Autoavaliación: O
alumno/a avalíase a si mesmo para verificar a súa aprendizaxe e ver que
aspectos necesita mellorar.
Coavaliación: Os
estudantes avalíanse entre si. Sóese empregar en CALL.
Heteroavaliación: O
profesor avalía os estudantes. Pode ser o mesmo profesor ou outro, como ocorre
na selectividade.
ü Criterios de avaliación: Criterios para verificar a comprensión por parte do alumnado en función
dos obxectivos e das estratexias fomentadas: Comprensión analítica, global,
escrita, lectora, vocabulario...
ü Ferramentas: Obxecto
da avaliación e as ferramentas. Pode ser mediante rúbricas, checklist, cuestionarios de resposta
múltiple, cuestionarios de resposta aberta, exercicios de relacionar, gravacións
ou unha combinación de varias.
Tres principios:
1.- Validez.
Compre garantir que:
ü Avaliamos o que foi aprendido.
ü A información recollida dá unha imaxe
exacta da competencia dos estudantes.
2.- Fiabilidade.
Que reflicte a nota? Compre garantir que:
Dous estudantes do mesmo nivel terán o mesmo
resultado coas mesmas probas.
3.- Factibilidade.
Compre termos en conta:
ü Os tempos requiridos.
ü O número de mostras recollidas.
ü O número de criterios de avaliación.
Cando hai que avaliar? As avaliacións poden ser...
Ø Iniciais: Ao principio da aprendizaxe.
Ø Formativas: Durante a aprendizaxe.
Ø Sumativas: Despois da aprendizaxe.
Para avaliar a comprensión oral, hai que ter en
conta varios criterios, como son o contido, a lingua, a comunicación non verbal
ou a entoación, entre outros, polo que se soen usar listas de control. Unha
lista de control consta de 10 pasos para a súa elaboración:
1.
Elaborar
unha lista de criterios/puntos de control.
2.
Organizar/agrupar
os criterios escollidos.
3.
Definir
unha categoría para cada grupo de criterios.
4.
Establecer
a orde das categorías.
5.
Presentarlle
ao alumnado os puntos de control.
6.
Revisar
a lista a partir das observacións do alumnado.
7.
Establecer
o formato da lista de control.
8.
Verificar
que non haxa erros na versión final.
9.
Aplicar
a lista.
10.
Revisar
periodicamente a pertinencia da lista.
Para avaliar a comprensión escrita, as ferramentas
son as mesmas, pero téñense en conta a produción e interacción dos seguintes
criterios:
Ø Adecuación da produción á situación
requirida.
Ø Claridade, coherencia e lóxica no contido.
Ø Gramática.
Ø Vocabulario.
Ø Ortografía.
Ø Presentación.
Para concluír, segundo a miña opinión, non hai
mellores tipos de avaliación que outros, simplemente son distintos e haberá que
utilizalos segundo nos conveñan en cada momento.
Esta sesión pareceume moi útil e importante para o
meu futuro profesional, xa que é un tema fundamental do cal non che soen falar
na carreira. Pareceume importante a diferencia entre corrección, avaliación e
cualificación, que moitas veces se confunden e parecen sinónimos pero non o
son.
Tamén me pareceu moi importante o punto de
proporcionarlles feedback ao
alumnado, xa que teñen dereito a saber cales son os criterios de avaliación da materia
e traballar segundo eles, cousa que moitas veces se lles esquece ao profesorado
en xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario