martes, 7 de febrero de 2017

Agradecementos

Quixen facer esta última entrada ao blog, unha entrada moi especial, para agradecer todo o que aprendín ao longo deste curso e a todas as persoas que coñecín.

Por unha parte, gracias aos profesores, aos que de verdade nos ensinaron algo útil para o noso inminente futuro laboral. A verdade é que houbo moitas clases interesantes ao longo do mestrado, onde aprendemos cousas de psicoloxía e como pensan os adolescentes, moita lexislación e como preparar todo o papeleo que nos espera, educación en valores, unha materia fundamental que temos que inculcar ao noso futuro alumnado, as distintas competencias do currículo e a situación das linguas estranxeiras a nivel rexional, nacional e internacional e, como non, didáctica, unha das materias que máis me fixo sentir segura en canto as prácticas que comezaremos a próxima semana e que nos axudou a entender e coñecer mellor distintas metodoloxías, competencias e actividades.

Por outra banda, gustaríame agradecer aos compañeiros do grupo polo bo ambiente que tiñamos en clase. Creo que foi un dos mellores grupos de compañeiros que tiven e, sinceramente, alégrome moito de habelos coñecido. É certo  que ao longo do grao coñecín a persoas extraordinarias e lévome amigas que son especiais, pero nunca sentín que tivésemos unión de clase, ao igual que no mestrado que fixen o curso pasado, onde a única unión que tiñamos era un grupo de WhatsApp, pero fora diso, en clase, non había contacto ningún...

Este ano, a verdade, é que me esperaba que acontecese o mesmo. As únicas persoas que coñecía, Patricia, do grao, e Itziar do mestrado do ano pasado, eran coas que pensaba que tería relación, pero dende a presentación do máster, onde empecei a coñecer a compañeiros, unha compañeira insistiu en que este ano había que ‘socializar’, e así foi! Coñecín a unhas persoas marabillosas e espero que sigamos tendo contacto por moitos anos máis!

Compañeiros e compañeiras, aínda que remate o máster, espero que sigamos mantendo o grupo de WhatsApp (que non haxa próximos abandonos) e poidamos quedar para tomar algo de vez en cando.

Polo pronto, da cea que fixemos a semana pasada, creamos unha historia que queríamos compartir con vos. A actividade consistía en que cada un de nos tiña que escribir unha frase continuando a historia, e que, ao ser posible, tivese coherencia. Creo que non hai mellor maneira para a despedida do blog, polo que vos deixo a historia cunhas fotos da cea. Ata sempre! 

Érase una vez un grupo de inocentes alumnos en busca
de convertirse en profesores de inglés
que se conocieron en el CUVI, Vigo
y creían que todo iba a ser diferente…
Pero todo cambiou cando chegaron a Deseño Curricular
Llevaba la parte del huevo, que no era la yema (la CLARA).
Todo parecía oscuro hasta que por fin vimos LUZ.
¿VIEITES (vistedes) como non era tan duro?
¡VARE-LA (vale la) pena hacer este máster
para coñecer a xente maja e marabillosa!
Pronto chegou ANAlxésico para calmar os nosos medos,
CARLOS (cando) pensabamos que estaba todo perdido
SONIAmos (solíamos) pensar que tendríamos un HERMESo futuro,
Pero la niebla a veces nos ciega la visión
y nos hace perdernos entre /softgüares/ y /tijers/.
Pero de todo isto saiu una unión moi grande,
sobre todo porque nos comprometemos a firmar un contrato e subilo a faitic.
Porque al final, we all wANNAchieve lo que nos interesa
Ser los mejores TEACHERS EVER!

P.D.: Dayna se dice como reina pero con ‘D’.




10 comentarios:

  1. Xenial xeito de finalizar o blog Yessi :) Estou completamente de acordo contigo, foi un pracer tervos na clase e aprender con vós. O certo é que moitas veces contar cun bo grupo de traballo, un alumnado que se leve ben, axuda moito ao profesorado e facilítalles a súa labor. Isto é algo que comentamos un pouco na clase, sobre todo no referente ás horas de titorías onde se traballarían este tipo de aspectos, pero agora que leo a túa entrada do blog quédame completamente claro que é moi importante traballar para conseguir ter un bo ambiente de clase no que unhas/uns ás/aos outras/os nos animemos a aprender. Ata sempre compañeiras/os :)

    ResponderEliminar
  2. Quien nos iba a decir a nosotras que, tras el máster del año pasado, volveríamos a coincidir y haríamos finalmente tan buenas migas! Espero que sigas dándome consejos chichosos y que algún día puedas llamarme Doctora Montero porque eso querrá decir que esta amistad no habrá quedado aquí. Conseguimos escapar y conseguiremos todo lo que nos propongamos (siempre que nos esforcemos). Gracias por estos meses :)

    ResponderEliminar
  3. ¡Qué bonito, Yessy! Coincido contigo sobre la experiencia de este máster, ha sido estupendo y me da muchísima pena que se terminen las clases, justo ahora cuando nos empezábamos a conocer mejor. Ha sido un grupo muy agradable y me he sentido muy cómoda. Tu y yo ya nos conocemos hace muchos años, y espero que sigamos siendo amigas muchos más.

    ResponderEliminar
  4. ¡Tienes toda la razón! La verdad de este máster no solo me llevo todo lo aprendido si no unos compañeros increíbles :) En general todos teníamos formas de pensar muy parecidas y si no era así, el ambiente para dialogar era muy bueno. Además, la actitud entre compañeros era positiva y nada competitiva. Todo este buen ambiente hacía las clases muy amenas y facilitaba la participación.

    Y en cuanto a la cena y el picnic del lunes, decir que la compañía fue inmejorable y todo estaba muy rico, no olvidéis pasar las recetas! jejeje

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que da gusto poder intercambiar ideas con xente tan interesante. Foi un placer compartir clases, coñecementos e comilonas con todos vós. Hai que repetir e debatir sobre as experiencias que nos agardan nas prácticas ! ;)

    Alegroume volver coincidir e incluso coñecer mellor a algunha xente que xa coñecía da carreira, e xunto con eles xente nova que agardo me sigan aportando e sorprendendo.

    E por suposto Yessi, esa bonita casualidade que descubrimos é unha sinal de que nos tiñamos que coñecer jajaja

    Xeniais palabras, bos recordos que me levo. E isto tan só é a liña de saída ! :)

    ResponderEliminar
  6. Como me alegra ver que o mestrado vos deu moito máis que coñecementos a nivel profesional. Anímovos a continuar facendo entradas nos blogs, xa sin a presión das datas, xa que sería unha forma excelente de continuar compartindo actividades, problemas (que entre varias se resolven mellor) e experiencias. Xa sabedes que me atopados ao outro lado dun click para o que precisedes.

    ResponderEliminar
  7. I love it Yessi! I definitely felt like I got to know you all so much better once we got the specific module before it was difficult with so many people in class. But these last two months I really felt like I got to know you all better. I'm disappointed I wasn't able to go to sing Karaoke with you all after our dinner. I hate being sick! So I hope we will have another oppotunity in the future, perhaps to celebrate after we present our TFMs! Patricia, don't forget to post your recipe for the cheesecake, PLEASE!!! It was amazing!!!

    ResponderEliminar
  8. Qué estupendo que vos quededes con tan bo recordo! procurade manter o contacto. Compartir materiais, problemas ou logros con colegas é moi enriquecedor. Parabéns para todos!

    ResponderEliminar
  9. Encántame Yessi! Sen dúbida comparto contigo o de que foi un dos mellores grupos de clase que tiven (ademais do do grao), sobre todo comparado co do anterior mestrado, sí. Ao igual ca Montse, creo que nós mesmos nos demos conta do importante que é ter un bo ambiente de grupo para estar cómodos e aprender a gusto. Sen dúbida creo que en parte foi polas actividades de Ana e Luz, que nos axudaron a ir coñecéndonos mellor. Así que cos alumnos da ESO non poden fallar :)

    Boas prácticas! vémonos en breve para poñernos ao día coas anécdotas (que creo que non van ser poucas)!

    ResponderEliminar
  10. Gracias a tod@s por escribir! Concordo completamente cos vosos comentarios, por iso me pareceu axeitado finalizar o blog deste xeito. Desexovos o mellor nesta etapa que comezou esta semana e espero que pronto poidamos vernos e tomar un café para seguir intercambiando experiencias e ideas. Boas prácticas!

    ResponderEliminar