A sesión de hoxe estivo impartida polas dúas profesoras da materia. A
primeira parte da sesión estivo connosco Ana, falándonos do método CLIL (sobre
o que tamén podedes ler información noutro post
deste blog) e a última parte estivo impartida por Luz, onde falamos das
titorías e grupos de PMAR.
A sesión comezou cunha actividade de warm-up
que me gustou moito, onde os meus compañeiros e máis eu tiñamos que escoller
cal das propostas nos gustaba máis e movernos a un lado da clase ou outro.
Despois, xunto cos nosos compañeiros do mesmo grupo, tiñamos que debater sobre
as razóns por que habíamos preferido esa cousa sobre a outra. Algúns dos temas
que saíron foron:
o
Christmas or birthday?
o
Car or motorbike?
o
Spaguettis or burgers?
o
Summer or winter?
o
Mickey or Donald?
o
E-books or real books?
o
Shower or bath?
Esta actividade é moi sinxela para facer e seguro que lle gusta ao alumnado,
ademais de que poden practicar distintas destrezas, coma a oral, e despois
combinala coa escrita, mandándolles facer una redacción na que expliquen as
razóns para escoller unha ou outra cousa.
A parte de facer un repaso sobre a metodoloxía CLIL, coñecida como AICLE en
español, tamén falamos doutros temas moi interesantes, como son as seccións bilingües
(fan referencia a CLIL en Galicia) ou os auxiliares de conversa. A clase estivo
chea de anécdotas por parte da profesora, Ana, e incluso se me fixo curta, xa
que descoñecía algúns termos que tratamos e gustaríame saber máis do
funcionamento dos centros en xeral, aínda que imaxino que unha vez comezadas as
prácticas e a miña vida laboral, irei aprendendo da experiencia.
Na segunda parte da sesión, que impartiu Luz, fixemos actividades que
podemos por en práctica tanto nas titorías, para aproveitar máis o uso do
inglés, coma nos grupos de PMAR. PMAR (Programa de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento)
é o novo nome que se lle da ao antigo PDC (Programa de Diversificación
Curricular) de cando eu estudaba.
Unha actividade que levamos a cabo en clase para traballar con PMAR sería
darlles unhas listas, ou que eles mesmos as creasen, na que tivesen que
completar todas as letras do alfabeto coma se dun tutti frutti se tratase, cada día con unha temática. Por exemplo,
un día crear unha lista con comidas, outro día con obxectos, outro día con
adxectivos, etc. Así, cando teñan algo máis de vocabulario podería presentarse
usando vocabulario das listas onde coincida a inicial. No noso caso, tivemos
unhas respostas moi orixinais... Coñecimos a lovely Luz de London que comía
Lychees, a dangerous Dayna que comía Donuts, a mysterious Minia que comía meet ou a jealous Jose.
Esta actividade poderíase complementar cada día coa lista que corresponda
do día, por exemplo: “My name is Luz and I wear leggins”. No meu caso o único
que se me ocorre é “my name is Yessica and I’m young. My favourite colour is yellow,
I like yaks and yogurts and I love yoga.” Si queredes compartir os vosos,
espero os vosos comentarios! ;)
Deste punto, falando de PMAR, paréceme fundamental destacar a idea de que
temos que facelos conscientes de que son capaces e de que eles poden. Temos que
valoralos e felicitalos polos seus logros e transmitirlles que a pesar de que
non son bos nos estudios, poden ser bos noutras cousas.
Tamén é importante facer con eles actividades coma show and tell con temáticas sinxelas. Como o seu propio nome
indica, o alumnado ten que levar algo físico a clase e presentalo. Cousas
sinxelas coma unha foto, algún obxecto da súa habitación ou unha peza de roupa
pode servir. Así practican a oralidade, aínda que tamén poderiamos mandarlle
facelo por escrito.
En canto as titorías, pareceume clave o consello de Luz de que o
fundamental é crear un bo ambiente de clase. Os alumnos teñen que respetarnos
do mesmo xeito que nos a eles. Eles teñen que saber que somos os profesores e
que van ao instituto a aprender, pero si por encima o pasamos ben é mellor para
todos. Encantaríame que fose así cos meus alumnos, que houbese ese bo ‘rollo’
entre o alumnado e máis eu coma o que sentimos nas clases de didáctica.
Unha actividade moi interesante que poderíamos levar a cabo e a de escribir
algo sobre dous compañeiros, un que che caia ben e sexa teu amigo e outro sobre
un co que non teñas boa relación. O único requisito que se espera por parte do
alumnado é que sexan honestos. Así, na seguinte sesión, a profesora lería o que
escribiron sobre eses compañeiros sen mencionar quen, para que toda a clase
saiba as calidades que teñen os compañeiros/as.
Unha vez máis, unha clase moi interesante e útil! Que pena que sexa a
penúltima!
Grazas por ler!
Olá! Parabéns por este exaustivo resumo! Como ben dis, hai multitude de actividades que se poden facer cos grupos de PMAR, e que aínda que parezan sinxelas, poden resultar moi gratificantes para os alumnos ao comprobaren como son capaces de se comunicar en inglés.
ResponderEliminarGracias polas tuas palabras David! Ese foi un dos puntos que máis interesantes me pareceu. Como con actividades básicas e falándolles con frases sinxelas, eles tamén comproben que son capaces de usar varias destrezas e se sintan iguais ao resto de compañeiros.
EliminarPois tamén podes vivir en Yorkshire! A verdade é que pode convertirse nun xogo durante o curso e ao final cada quen fai o seu alfabeto particular.
ResponderEliminarNon se me había ocurrido esa! Si, está xenial e penso que pode funcionar moi ben en clase. Roubareiche a idea en canto teña oportunidade de pola en práctica! Gracias. ;)
Eliminar